CITIC

Un investigador do CITIC participa na principal conferencia sobre procesamento da linguaxe natural

21/09/2018

O investigador postdoutoral da área de Ciencia de Datos e Información do CITIC da UDC, Marcos García González, asistiu ao XXXIV Congreso Internacional de la Sociedad Española para el Procesamiento del Lenguaje Natural – SEPLN 2018, o principal foro de referencia neste campo a nivel nacional.

García presentou o proxecto Extracción automática de equivalentes multilingües de colocaciones, financiado polo programa Becas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais 2017 da Fundación BBVA. O obxectivo principal do proxecto é extraer automaticamente equivalentes multilingües de colocacións fraseolóxicas mediante diversas estratexias que combinan análise sintáctica e estadística con técnicas de semántica distribucional, tanto monolingües como multilingües. As linguas de traballo do proxecto son o portugués, o español e o inglés.