CITIC

Un investigador do CITIC, premiado na LTC 2019

28/05/2019

O investigador do Grupo LYS do CITIC, Elmurod Kuriyozov, participou na 9th Language & Technology Conference – LTC 2019, celebrada en Poznan (Polonia), onde recibiu o Best Student Work Award polo seu traballo “Deep Learning vs. Classic Models on a New Uzbek Sentiment Analysis Dataset“.

En dito traballo descríbese o primeiro corpora anotado para a clasificación da polaridade en lingua uzbeka, á vez que establece un primeiro baseline empregando tanto técnicas tradicionais de aprendizaxe automática coma técnicas de aprendizaxe profunda. A creación para o uzbeko deste tipo de recursos lingüístico-computacionais, dos que ata agora carecía, é un paso previo necesario para o desenvolvemento de sistemas de procesamento intelixente da información que poidan operar sobre este idioma.

Este traballo é resultado da colaboración establecida entre o Grupo LYS do CITIC e a Universidade Nacional de Uzbekistán no marco do proxecto europeo Erasmus CLASS: Desenvolvemento dun Máster Interdisciplinar en Lingüística Computacional en universidades de Asia Central (máis información).