CITIC

Un proxecto de investigadores do CITIC, seleccionado na primeira fase do programa IGNICIA da GAIN

02/08/2018

O proxecto “INDEST- Indicador de Composición Estética”, levado a cabo por investigadores do CITIC, foi seleccionado na primeira fase do programa IGNICIA. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) lanzaba o pasado mes de maio a convocatoria para o Programa IGNICIA, co obxectivo de promover e apoiar a valorización e a transferencia ao mercado con garantías de éxito dos resultados da investigación aplicada dos centros de coñecemento públicos ou privados en Galicia.

Presentáronse un total de 48 propostas, das cales se seleccionaron 25 nesta primeira fase. E unha delas pertence a investigadores do CITIC. Os proxectos seleccionados recibirán asesoramento individualizado para a elaboración e mellora dun plan de desenvolvemento e comercialización. Ademais, antes de formalizar o investimento, elaborarase un informe de auditoría legal de cada caso.

O programa  IGNICIA, promovido en colaboración coa Fundación Barrié, que achega a experiencia do seu Fondo Ciencia, segue a metodoloxía dos fondos de proba concepto. Esta permite verificar se unha idea é susceptible de ter éxito e, deste xeito, diminuír as regas asociadas á incerteza sobre o funcionamento dun novo produto ou servizo innovador.