CITIC

Un proxecto dirixido por investigadores do CITIC obtén financiación do Fondo Supera COVID-19

27/07/2020

O proxecto Cooperative Forecasting (ForeCoop), dirixido por investigadores do CITIC, logrou a concesión de 62.000 euros do Fondo Supera COVID-19 para o desenvolvemento dunha ferramenta web que, ao tempo que monitoriza a evolución da pandemia, proporciona prediccións baseadas en diferentes modelos de predicción combinada.

covocatoria, posta en marcha polo Banco Santander en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e CRUE Universidades Españolas, está dirixida a financiar programas, proxectos colaborativos e medidas de apoio ao ámbito universitario para minimizar o impacto da crise provocada polo coronavirus nos ámbitos sanitario, educativo e social.

O proxecto Cooperative Forecasting (ForeCoop) xurdiu no marco do programa da Acción Matemática contra o coronavirus, unha iniciativa do Comité Español de Matemáticas (CEMat) da que é presidente o investigador do CITIC Ricardo Cao.

ForeCoop está dirixido polos investigadores Ricardo Cao  Abad e José Antonio Vilar Fernández e conta coa participación de investigadores da Universidade de Valladolid e da Monash University de Melbourne (Australia).

O obxectivo principal é desenvolver unha ferramenta web para monitorizar e predecir a evolución da pandemia a través de series de datos de interers como contaxios, falecementos, hospitalizados, ingresos en UCI, etc. Existe xa unha versión beta da ferramenta, accesible en https://covid19.citic.udc.es

ForeCoop xira ao redor de cinco eixos prioritarios de desenvolvemento: contribuir a mellorar a calidade das series de datos provistas polos gobernos autonómicos; desenvolver software para automatizar o proceso de adquisición de datos e integrar as prediccións individuais; implementar novos algoritmos de predicción cooperativa e evaluar a súa conducta; mellorar as funcionalidades da web interactiva; e dotar de versatilidade e robustez á ferramenta para facerla fácilmente adaptable a outras variables e a outros países ou contornas.