CITIC

Un traballo dirixido por José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez gaña o Premio Nacional IDOM á mellor tese doutoral en Control Intelixente

27/07/2023 - CITIC

O investigador e profesor da UDC, Francisco Zayas Gato, recibiu recentemente o primeiro Premio Nacional IDOM á mellor Tese Doutoral en Control Intelixente por “Implementación de algoritmos de asistencia e recomendación para a toma de decisións e detección de situacións singulares en sistemas complexos mediante técnicas intelixentes”; traballo que tivo como directores a José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, membros do CITIC. 

O Grupo Temático de Control Intelixente do Comité Español de Automática (CEA) é quen convoca este premio coa finalidade de recoñecer e estimular a investigación desenvolvida por estudantes de doutoramento en relación coa temática do Control Intelixente. 

A tese premiada aborda a implementación de sistemas intelixentes capaces de ofrecer asistencia, que foron validados en diversas contornas, tanto médicos como industriais. Esta valiosa ferramenta ten a capacidade de recomendar ao usuario, en tempo real, sobre que decisións é conveniente tomar. Ademais, deséñanse e implementan mecanismos baseados en intelixencia artificial para detectar situacións singulares en sistemas complexos sen ter coñecemento previo dos mesmos, o cal supón unha importante vantaxe á hora de paliar de maneira precoz as súas potenciais consecuencias.