O CITIC recibiu hoxe a visita dos profesores Marius Gabriel Petrescu e Mirela Panait da Universitatea Petrol-Gaze din Ploiești de Rumania, acompañábaos Féliz Puime, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, co que actualmente colaboran no marco dun acordo Erasmus + asinado entre ambas as institucións.
Xunto co subdirector do CITIC, Javier Pereira Loureiro, e o responsable de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, coñeceron as principais liñas de investigación do centro e visitaron Demostrador Tecnolóxico, o CPD e os laboratorios de Robótica e Realidade Virtual.
O motivo da visita foi coñecer as liñas de traballo do CITIC co obxectivo de establecer unha posible colaboración científica.