CITIC

Verónica Bolón ofrece unha charla con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia

10/02/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Verónica Bolón ofrecerá unha charla no IES Parga Pondal de Carballo o próximo xoves 11 de febreiro, con motivo do Día da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A sesión está dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato de la materia de TICS e Introdución á Programación.

O obxectivo da charla é promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-técnico entre todas as persoas e facendo fincapé nas nenas e nenos. Deste xeito, ábrese unha fiestra para que o alumnado coñeza as experiencias da man de referentes femininas como é o caso de Verónica Bolón, enxeñeira informática e profesora de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na UDC.