22/04/2021 – CITIC
A investigadora do CITIC Verónica Bolón participou na multiconferencia web organizada por ICT-Go-Girls, iniciativa promovida polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Con motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC, varias investigadoras explicaron neste encontro con escolares o que a tecnoloxía pode aportar en diferentes campos para mellorar a vida de todos.
A doutora en Informática Verónica Bolón, xunto á enxeñeira aeroespacial Úrsula Martínez, a doutora en Informática Ana Freire e a enxeñeira en Telecomunicacións Beatriz Paz, encargáronse de resolver as dúbidas e as cuestións do alumnado de secundaria sobre asuntos relacionados coas TIC e sobre o papel da muller na ciencia.
O proxecto ICT-Go-Girls está dirixido a fomentar nas nenas cos coñecementos, habilidades e valores para axudalas a crear futuras oportunidades para a innovación e a calidade no emprego relacionado coas TIC, involucrando a actores europeos relevantes neste sector.