CITIC

Vicente Moret é designado editor da revista “Applied Science and Computer Mathematics”

15/03/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Vicente Moret foi designado editor da revista “Applied Science and Computer Mathematics”, unha revista internacional de acceso aberto publicada de forma bimensual por Further Science.

O obxectivo da revista é animar ao persoal científico a publicar os seus resultados experimentais e teóricos, para a mellora da ciencia e a tecnoloxía. A publicación recolle unicamente artigos de alta calidade que conteñan material que non estea publicado noutro espazo. Algúns dos campos que abarca coa Química e Enxeñaría Química, Matemática Aplicada, Física, Enxeñaría de Materiais e Enxeñaría Mecánica, Bioloxía, etc.