CITIC
webinar neasqc_

Vicente Moret imparte un webinar dentro do proxecto NEASQC

03/02/2022 – CITIC

O investigador do CITIC Vicente Moret impartirá o próximo 14 de febreiro un webinar enmarcado na serie organizada desde do proxecto NEASQC (NExt ApplicationS of Quantum Computing), no que participa o CITIC cos investigadores Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez, Carlos Vázquez Cendón e o propio Vicente Moret Bonillo.

Unha das sesións que se celebrarán dentro do paquete de traballo 6, “Symbolic AI and Graph Algorithmics”, será “Quantum Rule-Based Systems (QRBS)”, na que participará Moret coa charla “Inaccurate Knowledge and Quantum Computing”, xunto co profesor da Universidade de Lisboa Andreas Wichert.

O proxecto NEASQC reúne un consorcio multidisciplinar de expertos académicos e da industria en computación cuántica, computación de alto rendemento, intelixencia artificial, química, banca e xestión enerxética, co fin de investigar e desenvolver unha nova xeración de aplicacións que poidan aproveitar os sistemas NISQ (Noise Intermediate-Scale Quantum) nun futuro próximo. NEASQC baséase en casos de uso e aborda problemas prácticos como o descubrimento de fármacos, a captura de CO2, a xestión intelixente da enerxía, o procesamento da linguaxe natural, a detección do cancro de mama, a avaliación de riscos probabilísticos para infraestruturas enerxéticas e a xestión de inventario.

Inscrición