Vicente Moret intervén no evento “Atos Tech Days”
05/07/2021 – CITIC
O investigador do CITIC Vicente Moret participará como conferenciante no evento “Atos Tech Days“, que se celebrará o 7 e 8 de xullo. Trátase da sexta edición do evento anual organizado pola empresa Atos, onde presenta a súa estratexia de ecosistema de plataforma dixital, e participan oradores internacionais da súa rede de innovación.
Vicente Moret foi convidado a participar no marco do proxecto NEASQC, co seu relatorio “Quantum Computing and Breast Cancer”, na que explicará como a computación cuántica pode axudar no coñecemento clínico en oncoloxía e, en concreto, para o diagnóstico do cancro de mama.
O proxecto NExt ApplicationS of Quantum Computing (NEASQC), no que participan os investigadores do CITIC Vicente Moret Bonillo, Carlos Vázquez Cendón, Juan Touriño Domínguez e Ramón Doallo Biempica, investigará unha gran selección de casos de uso industriais e financeiros compatibles cos procesadores cuánticos actuais (denominados NISQ). Así, ten como obxectivo demostrar que existen casos de uso de prácticos e relevantes onde é interesante empregar os dispositivos NISQ que estarán dispoñibles nun futuro próximo.