CITIC

Xornada de presentación do CITIC no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia

11/02/2021 – CITIC

O próximo 25 de febreiro, de 18:00 horas a 19:30 horas, terá lugar unha xornada en liña de presentación das capacidades do CITIC dirixida aos colexiados do Colexio de Exeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia.

O director do CITIC, Manuel F. Gonzalez Penedo, será o encargado da sesión de apertura das xornadas e, posteriormente, Manuel Bustabad Alonso, responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC, presentará as principais liñas de investigación e proxectos do centro nos ámbitos de IoT e sensórica; GIS e xestión de datos; Intelixencia Artificial; modelos matemáticos e Big Data; Cloud e Edge Computing.

Por último, Ana Almécija, responsable de Proxectos Europeos do CITIC, expoñerá as diferentes fontes de financiamento en I+D+i no ámbito europeo, nacional e autonómico.

Máis información e inscricións