CITIC

Xornadas Horizon Europe

O CITIC organiza de forma telemática as Xornadas Horizon Europe, composto por tres sesións:

  • Taller 1: Convocatorias 2021 de Horizon Europe. Xoves 21/01/2021.
  • Taller 2: Como participar nas convocatorias 2021-2022 de HEU. Xoves 28/01/2021.
  • Taller 3: Programas sinérxicos a HEU, ferramentas de apoio á participación en HEU e oportunidades no Plan Nacional de Recuperación 2021-2023. Xoves 04/02/2021.

As sesións están dirixidas a toda a comunidade do CITIC e están impartidas pola formadora experta europea Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), na oficina situada en Bruxelas, e coordina o programa de capacitación/especialización xestores no Programa Marco dende 2009.

A primeira sesión está centrada na estrutura xeral e as principais novidades do programa Horizon Europe, analizando as oportunidades de participación no Pilar II, Global challenges and Industrial Competitiveness.

No segundo taller, abórdanse as oportunidades no Pilar I, Ciencia Excelente, e no Pilar III, Open Innovation, así como as novidades no proceso de avaliación e os aspectos financeiros referentes aos proxectos de HEU.

Na última xornada, faise unha aproximación ás oportunidades de participación en programas sinérxicos a HEU, as ferramentas do plan de incentivación da participación no programa cadro e en programas europeos, e como o CITIC pode beneficiarse das accións do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia 2021-2023.

Consultar programa completo