ACCIÓNS DESTACADAS
ÚLTIMAS NOVIDADES

O CITIC da UDC recibe 1,9 millóns de euros na convocatoria da Xunta de Galicia para impulsar grupos de investigación de excelencia
Con oito propostas seleccionadas, o CITIC da UDC logrou un destacado éxito na convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia.

O CITIC da UDC forma en habilidades de recursos humanos e interpersoais aos seus investigadores 3i-ICT
Ao longo desta semana, o CITIC da UDC organizou unha actividade formativa dirixida ao persoal investigador contratado a través do programa 3i-ICT que desenvolve a súa carreira neste centro.

O CITIC da UDC incorpórase ao Women in Digital Forum para impulsar a igualdade de xénero no ámbito tecnolóxico
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña foi admitido como membro institucional do Women in Digital Forum, unha iniciativa clave impulsada pola Unión Europea no marco do programa Digital Europe.
IMPULSAMOS A I+D APLICADA ÁS TIC
Áreas de investigación
Catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Computación de Altas Prestacións, Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal: Ciberseguridade.
Proxectos I+D
Consulta os proxectos nos que participa o CITIC.
Eventos
Consulta os principais eventos organizados polo CITIC (congresos, xornadas…).
No ano 2016 a Xunta de Galicia acredita ao CITIC como Centro Singular de Investigación de Galicia. En 2019 renova esta acreditación e pasa a denominarse Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia.