CITIC

A investigadora do CITIC Verónica Bolón recibe unha Beca Leonardo

06/07/2018

A investigadora do CITIC Verónica Bolón recibiu unha Beca Leonardo, galardóns que entrega a Fundación BBVA. Bolón conseguiu unha das cinco distincións que se conceden a nivel nacional no ámbito das TIC, co seu traballo Cando o tamaño importa: selección de características para wearables.

As Becas Leonardo teñen o obxectivo de apoiar proxectos de investigadores caracterizados por unha produción altamente innovadora. En total, concedéronse 64 becas en 11 áreas diferentes, das 1.521 solicitantes.

A comisión avaliadora de Tecnoloxías da Información e a Comunicación estivo presidida por Antonio Bahamonde, director do Centro de Intelixencia Artificial da Universidade de Oviedo e presidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e integrada por membros de centros como a E.T.S. de Enxeñeiros Informáticos da Universidade Politécnica de Madrid, a E.T.S. de Enxeñería Informática da Universidade de Málaga, a Escola Superior de Informátida de Ciudad Real da Universidade de Castilla La Mancha e o Grupo de Percepción Artificial do Centro de Automática e Robótica da Universidade Politécnica de Madrid (CSIC).

Máis información