28/03/2022 – CITIC
Esta mañá o CITIC recibiu a visita de 18 alumnos e alumnas, acompañados de dous profesores, do IES A Pinguela de Monforte de Lemos que actualmente cursan Ciclo Formativo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e Ciclo Formativo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web.
A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. A continuación, a investigadora Nelly Condori Fernández, da área de Ciencia e Enxeñería de Datos do CITIC, ofreceu unha charla sobre a súa liña de investigación centrada na detección de emocións a través de teléfonos móbiles e dispositivos wearables.
Posteriormente, os alumnos e alumnas coñeceron o CPD (Centro de Proceso de Datos) do CITIC, da man Alejandro Mosteiro e Adrián Xuíz, ambos da Unidade de Sistemas do centro.
Para finalizar, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a realidade virtual e a realidade aumentada.