CITIC

Amparo Alonso imparte unha charla na inauguración do ciclo de conferencias da Cátedra Cosme Álvarez dos Ríos

29/11/2019

A investigadora do CITIC, catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da UDC e presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA), Amparo Alonso, impartirá unha charla na inauguración do ciclo de conferencias do curso 2019-2020 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos. Terá lugar o próximo 4 de decembro no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Esteiro (Ferrol). Amparo Alonso impartirá a charla “Unha expedición cara ao futuro coa Intelixencia Artificial”.

A Cátedra Cosme Álvarez dos Ríos nace froito da colaboración entre a UDC e Navantia. O seu obxectivo principal é fomentar o intercambio de experiencias nos ámbitos da docencia, a investigación e a cultura en xeral. A súa aplicación directa, ademais de organizar ciclos de conferencias, pasa por impulsar a formación práctica dos estudantes da UDC no ámbito naval e industrial, dotar de premios a aqueles alumnos que destaquen en actividades específicas, fomentar a execución de prácticas na empresa e colaborar coa realización de tese doutorais.