CITIC
IFCS 2022_Ángel López Oriona

Ángel López Oriona es premiado en la 17th Conference of the International Federation of Classification Societies

02/08/2022 – CITIC

O investigador do CITIC Ángel López Oriona foi premiado na 17th Conference of the International Federation of Classification Societies (IFCS 2022), celebrada do 19 ao 23 de xullo no Porto, polo seu traballo Unsupervised classification of categorical time series through innovative distances, que desenvolveu xunto co investigador do CITIC José Antonio Vilar e o profesor da Universidade de Roma A Sapienza, Pierpaolo D’Urso.

O premio que recibiu é o “Student/Postdoctoral Fellow Paper Competition and Travel Award” e concédese a un/ha investigador/a menor de 30 anos que presenta como primeiro/a autor/a un traballo orixinal en campos como o clustering ou a clasificación, e que o IFCS valora segundo a orixinalidade e impacto da investigación, calidade da publicación e innovación.

Así, no traballo propóñense dous algoritmos de clustering innovadores que permiten formar grupos de series de tempo categóricas dunha maneira moi eficaz. En particular, os métodos presentados móstranse moi útiles cando son aplicados sobre bases de datos de secuencias de ADN, pois son capaces de agrupar, cunha gran exactitude, secuencias de organismos que teñen o mesmo orixe desde un punto de vista evolutivo. Por tanto, o traballo ten unha gran aplicabilidade no campo da xenética.

IFCS 2022 é unha organización conxunta da Asociación Portuguesa de Clasificación e Análise de Datos (CLAD) e a Facultade de Economía da Universidade do Porto (FEP-UP). Nesta décimo sétima edición, a estatística e a intelixencia artificial foron os temas protagonistas, e en particular, o desenvolvemento de algoritmos de clustering e clasificación para datos complexos (series temporais, datos funcionais, etc.).