CITIC
INSPIRASTEAM

Arranca o programa Inspira STEAM A Coruña, co que colabora o CITIC

09/11/2021 – CITIC

O CITIC colabora coa iniciativa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado pola investigadora Verónica Bolón e que ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as rapazas. O programa dará comezo o vindeiro 16 de novembro cunha sesión informativa aberta dirixida a mentoras e mentores que queiran participar na iniciativa.

Os obxectivos principais do proxecto son facilitar novos referentes de mulleres científicas e tecnólogas próximas, axudar a que rapazas e rapaces descubran as profesións STEAM, concienciar sobre a necesidade de que o desenvolvemento do país se produza entre mulleres e homes, sensibilizar e orientar sobre os estudos en ciencia e tecnoloxía, visibilizar e poñer en valor ás mulleres STEAM da historia, actuais e próximas, e dar a coñecer os estereotipos existentes nestas áreas para que non condicionen as decisións de rapazas e rapaces.

O nodo Inspira STEAM A Coruña conta tamén co apoio do Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.

A participación como mentoras e mentores no programa está dirixida a profesionais do ámbito da ciencia e a tecnoloxía, para promover as áreas STEAM entre estudantes e participar en sesións de mentoring. A inscrición pode realizarse a través da intranet de Inspira STEAM.

A reunión informativa terá lugar o martes 16 de novembro de 12:00 a 13:00 h de forma online: http://meet.google.com/igo-kzna-buq

Máis información