CITIC
Foto2_AnaLopezCheda_web

As investigadoras Ana López-Cheda e Rebeca Peláez imparten un taller sobre análise de datos a alumnado do IES Miraflores de Oleiros

26/01/2023 – CITIC

As investigadoras do CITIC Ana López-Cheda e Rebeca Peláez impartiron o pasado 24 de xaneiro un taller sobre análise de datos a alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros que participan no programa STEMbach.

Na sesión, as investigadoras realizaron unha introdución sobre a ciencia de datos e mostraron con exemplos as súas diferentes aplicacións. Tamén realizaron un exercicio para datos con censura sobre unha base de datos de pacientes COVID-19.

O próximo 31 de xaneiro impartirase outro taller neste centro educativo a cargo dos investigadores Ricardo Cao e Inés Barbeito.

O programa STEMbach, Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, foi creado ao amparo da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, e ten o obxectivo de promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación ao ensino universitario.

En la sesión, las investigadoras realizaron una introducción sobre la ciencia de datos y mostraron con ejemplos sus diferentes aplicaciones. También realizaron un ejercicio para datos con censura sobre una base de datos de pacientes COVID-19.

El próximo 31 de enero se impartirá otro taller en este centro educativo a cargo de los investigadores Ricardo Cao e Inés Barbeito.

El programa STEMbach, Bachillerato de Excelencia en Ciencias y Tecnología, fue creado al amparo de la Estrategia Gallega para la Educación Digital, Edudixital 2020, y tiene el objetivo de promover la vocación del alumnado hacia la investigación científica y tecnológica, mediante una metodología que le facilite la incorporación y adaptación a la enseñanza universitaria.

Ana López Cheda
Rebeca Peláez