CITIC
C3TF_web

C3TF - CITIC Cyber Competition

O vindeiro 23 de febreiro de 15:30 a 20:30 h terá lugar o C3TF – CITIC Cyber Competition, unha competición de ciberseguridade organizada polo CITIC en colaboración con atlanTTic, a Cátedra R en Ciberseguridade e o MUNICS. O evento está destinado a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da seguridade informática.

As persoas interesadas en participar deberán ser estudantes, de calquera nivel, e poderán apuntarse en equipos de entre 1 e 5 persoas para poñer a proba as súas capacidades. Pódese elixir entre tres modalidades de participación: presencial no CITIC, presencial en atlanTTic e online. Haberá premios para os tres equipos gañadores, por valor de 1000 €, 700 € e 300 € cada un, e agasallos para todas as persoas participantes en modalidade presencial.

Programa

15:30 h – 16:00 h.- Mesa de apertura:

  • Manuel F. González Penedo, director do CITIC da Universidade da Coruña
  • Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic da Universidade de Vigo
  • Carlos Fernández Lozano, vicedecano de Recursos Informáticos da Facultade de Informática da UDC 
  • Alfredo Ramos González, director de R e grupo MASMOVIL en Galicia

16:00 h – 20:00 h.- Desenvolvemento da competición. Os equipos participantes deberán resolver diferentes retos de ciberseguridade.

20:00 h – 20:30 h.- Entrega de premios e clausura:

  • Francisco Javier Nóvoa Manuel, coordinador do MUNICS na Universidade da Coruña
  • Ana Fernández Vilas, coordinadora do MUNICS na Universidade de Vigo

20:30 h.- Catering

Máis información e inscrición