CITIC

CARREIRA INVESTIGADORA

O CITIC ofrece unhas condicións excelentes para que o seu persoal desenvolva a súa carreira profesional, cun programa de axudas para realizar estadías e asistencia a conferencias, axudas para publicacións científicas, cursos de formación e apoio na solicitude das axudas para o desenvolvemento da súa carreira investigadora.

R0 ESTUDANTES

O CITIC ofrece a os/as estudantes de grado e mestrado a oportunidade de dar os seus primeiros pasos na súa carreira investigadora:

  • Traballos de fin de grao e de mestrado nas nosas liñas de investigación, nos graos académicos vencellados ao CITIC.
  • Contratos de iniciación á investigación do CITIC, para estudantes dos mestrados relacionados coas liñas de investigación do centro.
  • R 1 PERSOAL INVESTIGADOR EN FORMACIÓN

O persoal investigador que desexe realizar unha tese de doutoramento nalgún dos programas de doutoramento nos que participa o centro, no CITIC vai atopar as mellores condicións para desenvolver o seu proxecto de tese.

Podes consultar as teses defendidas polo persoal en formación do centro no seguinte enlace.

Axudas

Algunhas das axudas para o persoal investigador en formación dispoñibles son:

  • Contratos predoutorais para a formación de doutores, FPI, vencellados a un proxecto de investigación do Plan Nacional e de 3 anos de duración.
  • Contratos de formación de profesorado universitario, FPU, que inclúen a participación na docencia e de 4 anos de duración.
  • Axudas Predoutorais da Xunta, contratos de 3 anos que inclúen unha estadía de 3 meses nunha institución estranxeira.
  • Contratos para a formación de doutores en empresas (doutoramentos industriais), de 3 anos de duración, baixo a codirección de persoal investigador adscrito ao centro.
  • Contratos predoutorais do CITIC para investigadores en formación que queiran realizar a súa tese de doutoramento baixo a dirección de persoal investigador do CITIC.

Competencias do persoal investigador R1

O persoal R1 está iniciando a súa carreira investigadora, polo que leva a cabo a súa actividade baixo a supervisión de persoal máis experto. Demostra unha boa compresión do seu campo de estudo, a capacidade de xerar datos e ten a ambición de desenvolver novo coñecemento científico no seu ámbito. Ten capacidade de análise crítica e é capaz de comunicar os resultados e o valor da súa investigación aos seus colegas. 

R2 PERSOAL INVESTIGADOR RECOÑECIDO

Unha vez obtido o título de doutor, comeza unha nova etapa na carreira investigadora con multitude de opcións, tanto no sector académico, en centros de investigación e na industria privada.

Axudas

Para esta etapa hai unha gran cantidade de axudas, dependendo da experiencia e as preferencias dos investigadores:

  • Proxectos individuais do ERC, son proxectos na fronteira do coñecemento, de 5 anos de duración e que facilitan a creación de novos grupos de investigación.
  • Programa Oportunius da Xunta, para persoal investigador beneficiario dun proxecto individual do ERC.
  • MSCA-Postdoctoral fellowships, proxectos individuais de mobilidade internacional, dirixidos a persoal con ata 8 anos de experiencia posdoutoral de 24-36 meses de duración. 
  • Programa InTalent, programa de colaboración entre a UDC e Inditex, para a contratación de persoal investigador excelente, con proxección e traxectoria internacional.
  • Axudas para persoal investigador distinguido nas universidades do SUG da Xunta, de 4 anos de duración e que inclúen a financiación adicional para o proxecto de investigación do persoal captado.
  • Contratos Ramón y Cajal, de 5 anos de duración, con financiación para poñer en marcha unha liña de investigación. Requiren 3 anos de experiencia posdoutoral.
  • Contratos Torres Quevedo, para persoal doutor que desexe incorporarse nunha empresa ou un centro tecnolóxico.
  • Axudas Beatriz Galindo para a atracción do talento investigador, que ofrecen 5 anos de contrato a persoal que desenvolvera a súa carreira profesional no estranxeiro. Hai dúas modalidades, júnior e sénior.
  • Contratos Juan de la Cierva formación e Juan de la Cierva incorporación: son contratos de 2 anos para persoal doutor, recente (modalidade formación) ou 3 anos de experiencia posdoutoral (incorporación).
  • Axudas posdoutorais da Xunta, ofrecen 3 anos de contrato, dos que os 2 primeiros son de estadía no estranxeiro e o terceiro de retorno a Galicia.
  • Contratos posdoutorais do CITIC que permiten a incorporación ao centro para iniciar a etapa posdoutoral.

Competencias do persoal investigador R2 – R3

O persoal investigador R2 é persoal que está comezando a súa etapa posdoutoral. Neste momento comeza dirixir e xestionar a súa carreira, establecendo metas profesionais realistas e alcanzables; tamén pode identificar e levar a cabo accións para mellorar a súa empregabilidade. 

Xa posúe unha visión global do seu campo de estudo e da investigación e unha maior análise, avaliación e síntese crítica de ideas máis recentes e complexas. Sabe idear, deseñar, levar a cabo e adaptar un programa básico de investigación. Realizou contribucións á investigación que estendeu as fronteiras do coñecemento, en forma de publicacións relevantes ou patentes. É capaz de comunicar os resultados e o valor da súa investigación á comunidade científica, a través de comunicacións en conferencias e da publicación de artigos. Comeza a ter unha visión tamén do sector industrial e de como pode traducir os resultados da súa investigación en produtos e servizos.  

R3 PERSOAL INVESTIGADOR ESTABLECIDO

O persoal deste nivel xa ten varios anos de experiencia posdoutoral e independencia para desenvolver a súa carreira profesional. É un período en que poden iniciar as súas propias liñas de investigación. 

Axudas 

Nesta etapa son varias as axudas dispoñibles e algunhas delas permiten o establecemento de liñas ou grupos de investigación novos: 

  • Proxectos individuais do ERC: son proxectos na fronteira do coñecemento, de 5 anos de duración e que facilitan a creación de novos grupos de investigación. 
  • Programa Oportunius da Xunta para persoal investigador beneficiario dun proxecto individual do ERC.
  • MSCA-Postdoctoral fellowships, proxectos individuais de mobilidade internacional, dirixidos a persoal con ata 8 anos de experiencia posdoutoral de 24-36 meses de duración.  
  • Programa InTalent de colaboración entre a UDC e Inditex, para a contratación de persoal investigador excelente, con proxección e traxectoria internacional. 
  • Axudas para persoal investigador distinguido nas universidades do SUG da Xunta, de 4 anos de duración e que inclúen o financiamento adicional para o proxecto de investigación do persoal captado. 
  • Contratos Ramón y Cajal, de 5 anos de duración, con financiamento para poñer en marcha unha liña de investigación; requiren 3 anos de experiencia posdoutoral. 
  • Axudas Beatriz Galindo para a atracción do talento investigador, que ofrecen 5 anos de contrato a persoal que desenvolvera a súa carreira profesional no estranxeiro, na modalidade sénior. 

Competencias do persoal investigador R3

Na etapa R3 o persoal ten maior independencia e un mellor coñecemento do sistema. É capaz de desenvolver a súa investigación de xeito independente e ten un control total sobre a súa carreira.  

O persoal R3 profunda nas competencias anteriores, cunha gran contribución ao desenvolvemento do coñecemento, a través de colaboracións e traballo cooperativo, tanto no ámbito académico como no industrial. Sabe identificar problemas e oportunidades no seu campo e a metodoloxía apropiadas para abordalos. Coñece os principais mecanismos de financiamento e pode desenvolver a súa propia liña de investigación. Tamén pode dirixir e ser titor/a de persoal investigador máis novel.  

R4 PERSOAL INVESTIGADOR CONSOLIDADO

Nesta etapa, o persoal dirixe o seu propio grupo ou a súa liña de investigación, coñece perfectamente o funcionamento do sistema de ciencia e innovación e ten unha visión estratéxica. 

Axudas

O persoal nesta etapa pode optar tamén a algunhas axudas:

  • Proxectos individuais do ERC, son proxectos na fronteira do coñecemento, de 5 anos de duración e que facilitan a creación de novos grupos de investigación.
  • Programa Oportunius da Xunta, para persoal investigador beneficiario dun proxecto individual do ERC.
  • Axudas para grupos de referencia competitiva ou de potencial crecemento da Xunta. Permiten o financiamento de grupos de investigación no SUG, novos ou cunha traxectoria consolidada.

Competencias do persoal investigador R4

O persoal investigador R4 é líder na súa área co seu propio grupo ou liña de investigación. Ten unha gran capacidade de xuízo para avaliar a actividade científica. Posúe tamén unha visión estratéxica e de futuro na súa área científica. Publica artigos e libros influentes, e participa en comités de conferencias e como poñente invitado.

Nesta etapa R4, o persoal é xa un experto en xestión de equipos e proxectos de investigación, con visión de futuro; ten unha ampla rede de contactos e colaboración; pode crear un ambiente innovador e creativo para o seu equipo; é un excelente comunicador e un modelo para outro persoal investigador.

O CITIC ofrece aos estudantes de grado e mestrado a oportunidade de dar os seus primeiros pasos na súa carreira investigadora:

  • Traballos de fin de grao e de mestrado nas nosas liñas de investigación, nos graos académicos vencellados ao CITIC.
  • Contratos de iniciación á investigación do CITIC, para estudantes dos mestrados relacionados coas liñas de investigación do centro.

Quen desexe realizar unha tese de doutoramento nalgún dos programas de doutoramento nos que participa o centro, no CITIC vai atopar as mellores condicións para desenvolver o seu proxecto de tese.

Podes consultar as teses defendidas polo persoal en formación do centro na sección Produción Científica da nosa web.

Axudas

Algunhas das axudas para o persoal investigador en formación dispoñibles son:

  • Contratos predoutorais para a formación de doutores, FPI, vencellados a un proxecto de investigación do Plan Nacional e de 3 anos de duración.
  • Contratos de formación de profesorado universitario, FPU, que inclúen a participación na docencia e de 4 anos de duración.
  • Axudas Predoutorais da Xunta, contratos de 3 anos que inclúen unha estadía de 3 meses nunha institución estranxeira.
  • Contratos para a formación de doutores en empresas (doutoramentos industriais), de 3 anos de duración, baixo a codirección de persoal investigador adscrito ao centro.
  • Contratos predoutorais do CITIC para investigadores en formación que queiran realizar a súa tese de doutoramento baixo a dirección de persoal investigador do CITIC.
    Se queres realizar a túa tese no CITIC, podes contactar connosco a través do formulario.

Competencias do persoal investigador R1

O persoal R1 está iniciando a súa carreira investigadora, polo que leva a cabo a súa actividade baixo a supervisión de persoal máis experto. Demostra unha boa compresión do seu campo de estudo, a capacidade de xerar datos e ten a ambición de desenvolver novo coñecemento científico no seu ámbito. Ten capacidade de análise crítica e é capaz de comunicar os resultados e o valor da súa investigación aos seus colegas. 

Unha vez obtido o título de doutor, comeza unha nova etapa na carreira investigadora con multitude de opcións, tanto no sector académico, en centros de investigación e na industria privada.

Axudas

Para esta etapa hai unha gran cantidade de axudas, dependendo da experiencia e as preferencias dos investigadores:

  • Proxectos individuais do ERC, son proxectos na fronteira do coñecemento, de 5 anos de duración e que facilitan a creación de novos grupos de investigación.
  • Programa Oportunius da Xunta, para persoal investigador beneficiario dun proxecto individual do ERC.
  • MSCA-Postdoctoral fellowships, proxectos individuais de mobilidade internacional, dirixidos a persoal con ata 8 anos de experiencia posdoutoral de 24-36 meses de duración.
  • Programa InTalent, programa de colaboración entre a UDC e Inditex, para a contratación de persoal investigador excelente, con proxección e traxectoria internacional.
  • Axudas para persoal investigador distinguido nas universidades do SUG da Xunta, de 4 anos de duración e que inclúen a financiación adicional para o proxecto de investigación do persoal captado.
  • Contratos Ramón y Cajal, de 5 anos de duración, con financiación para poñer en marcha unha liña de investigación. Requiren 3 anos de experiencia posdoutoral.
  • Contratos Torres Quevedo, para persoal doutor que desexe incorporarse nunha empresa ou un centro tecnolóxico.
  • Axudas Beatriz Galindo para a atracción do talento investigador, que ofrecen 5 anos de contrato a persoal que desenvolvera a súa carreira profesional no estranxeiro. Hai dúas modalidades, júnior e sénior.
  • Contratos Juan de la Cierva formación e Juan de la Cierva incorporación. Son contratos de 2 anos para persoal doutor, recente (modalidade formación) ou 3 anos de experiencia posdoutoral (incorporación).
  • Axudas posdoutorais da Xunta, ofrecen 3 anos de contrato, dos que os 2 primeiros son de estadía no estranxeiro e o terceiro de retorno a Galicia.
  • Contratos posdoutorais do CITIC que permiten a incorporación ao centro para iniciar a etapa posdoutoral.

Contacta connosco se te gustaría desenvolver a túa etapa posdoutoral no CITIC.

Competencias do persoal investigador R2 – R3

O persoal investigador R2 é persoal que está comezando a súa etapa posdoutoral. Neste momento comeza dirixir e xestionar a súa carreira, establecendo metas profesionais realistas e alcanzables; tamén pode identificar e levar a cabo accións para mellorar a súa empregabilidade. 

Xa posúe unha visión global do seu campo de estudo e da investigación e unha maior análise, avaliación e síntese crítica de ideas máis recentes e complexas. Sabe idear, deseñar, levar a cabo e adaptar un programa básico de investigación. Realizou contribucións á investigación que estendeu as fronteiras do coñecemento, en forma de publicacións relevantes ou patentes. É capaz de comunicar os resultados e o valor da súa investigación á comunidade científica, a través de comunicacións en conferencias e da publicación de artigos. Comeza a ter unha visión tamén do sector industrial e de como pode traducir os resultados da súa investigación en produtos e servizos.  

O persoal deste nivel xa ten varios anos de experiencia posdoutoral e independencia para desenvolver a súa carreira profesional. É un período en que poden iniciar as súas propias liñas de investigación. 

Axudas 

Nesta etapa son varias as axudas dispoñibles e algunhas delas permiten o establecemento de liñas ou grupos de investigación novos: 

  • Proxectos individuais do ERC: son proxectos na fronteira do coñecemento, de 5 anos de duración e que facilitan a creación de novos grupos de investigación. 
  • Programa Oportunius da Xunta para persoal investigador beneficiario dun proxecto individual do ERC. 
  • MSCA-Postdoctoral fellowships, proxectos individuais de mobilidade internacional, dirixidos a persoal con ata 8 anos de experiencia posdoutoral de 24-36 meses de duración.  
  • Programa InTalent de colaboración entre a UDC e Inditex, para a contratación de persoal investigador excelente, con proxección e traxectoria internacional. 
  • Axudas para persoal investigador distinguido nas universidades do SUG da Xunta, de 4 anos de duración e que inclúen o financiamento adicional para o proxecto de investigación do persoal captado. 
  • Contratos Ramón y Cajal, de 5 anos de duración, con financiamento para poñer en marcha unha liña de investigación; requiren 3 anos de experiencia posdoutoral. 
  • Axudas Beatriz Galindo para a atracción do talento investigador, que ofrecen 5 anos de contrato a persoal que desenvolvera a súa carreira profesional no estranxeiro, na modalidade sénior. 

Se tes interese en participar nalgunha destas convocatorias co CITIC como entidade receptora, podes poñerte en contacto a través do noso formulario. 