CITIC

COMITÉ DE DIRECCIÓN

É un órgano de goberno colexiado competente para desenvolver as liñas estratéxicas do centro. As súas funcións máis relevantes son promover os procesos de avaliación da actividade de I+D+i do centro, porpoñer a súa política de adscrición e suxerir os criterios de avaliación da actividade científica do persoal investigador adscrito. 

Presidente

Catedrático da Universidade da Coruña na área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial. Desenvolveu a súa investigación na visión artificial enfocada ao campo clínico. É fundador do Grupo de Investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns, grupo de excelencia por parte da Xunta de Galicia (VARPA), membro do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e responsable da área de procesado de imaxe médica.

Secretario

Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxí­a e Medicina Fí­sica da UDC. Docente e investigador no ámbito da informática médica e a tecnoloxí­a aplicada á discapacidade. É coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC  e director da Cátedra de empresa Handytronic-Grupo Telecon da UDC.

Vogal

Catedrática de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) e foi presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial (AEPIA). É Académica Correspondente na sección de Matemáticas da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC).

Vogal 

Catedrático da universidade na área de Ciencia da Computación e Intelixencia artificial da UDC. É coordinador do grupo Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos – Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA – IMEDIR). As súas liñas de investigación céntranse na Tecnoloxía asistencial: TIC en diversidade funcional e envellecemento activo, Informática Médica e Ontoloxías, Bioinformática e Minería de Datos. 

Vogal 

Titular de universidade da área de Ciencia da computación e intelixencia artificial e Coordinadora do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA). As súas liñas de investigación céntranse en metodoloxías de desenvolvemento e validación de sistemas baseados en coñecemento e aprendizaxe computacional: aplicacións e desenvolvemento de algoritmos de aprendizaxe Big Data Learning. 

Vogal 

Catedrático de universidade da área de Matemática Aplicada da UDC e coordinador do grupo de investigación Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñería e Ciencias Aplicadas (M2NICA). As súas liñas de investigación abarcan os ámbitos de modelos matemáticos en enxeñería e ciencias aplicadas, ecuacións en derivada parciais, métodos numéricos e simulación numérica. 

Vogal 

Titular da universidade na área de Álxebra. Pertence ao grupo de investigación Information Retrieval Lab. As súas liñas de investigación céntranse na representación lóxica do coñecemento, a programación lóxica e o razoamento non monótono. 

Vogal 

É catedrático da universidade na área de Enxeñería Telemática. É coordinador do grupo de investigación Telemática. As súas liñas de investigación son a recuperación de información, a recomendación e a ciberseguridade.

Vogal 

Titular de universidade da área de Ciencia da Computación e Intelixencia artificial da UDC. É coordinador do grupo de investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia artificial (LIA2). As súas investigacións encádranse no ámbito da intelixencia artificial, procesamento de imaxes, sistemas híbridos, enxeñería do coñecemento, telemedicina, algoritmos xenéticos, sistemas adaptativos e sistemas expertos. 

Vogal 

É catedrático da universidade na área de Enxeñería de Sistemas e automática. É coordinador do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC). As liñas de investigación nas que centra o seu traballo son a enxeñería de coñecemento e sistemas expertos para diagnoses e sistemas de control; sistemas intelixentes para modelado, optimización e control; detección de fallos e anomalías mediante técnicas intelixentes; novos sensores e sensores virtuais.

Vogal 

Catedrático de universidade da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da UDC. É coordinador do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC). As súas liñas de investigación abarcan a computación de altas prestacións, a computación paralela e distribuída, o cloud computing e big data e os sistemas de información xeográfica. 

Vogal 

Catedrático da área de Teoría do Sinal e Comunicacións da UDC. Coordinador do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da UDC. A súa experiencia investigadora céntrase nas áreas de procesado de sinal e teoría da información en sistemas de comunicacións inalámbricas; e de prototipado de equipos terminais de comunicacións inalámbricas.

Vogal 

Catedrática da universidade na área de Arquitectura e tecnoloxía de computadores. Pertence ao Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC). As súas liñas de investigación céntranse na computación de altas prestacións. 

Vogal 

Catedrática de universidade na área de astronomía e astrofísica da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia artificial (LIA2). As súas liñas de investigación céntranse na evolución estelar: poboacións estelares e fases tardías (neboentas planetarias), aplicación de técnicas de intelixencia artificial á análise de arquivos astronómicos, big data en astronomía espectroscopia óptica e infravermella cinemática de neboentas.

Vogal 

Catedrática de universidade da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UDC. É coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD). Desenvolveu a súa actividade de investigación sobre estruturas de datos compactas e algoritmos, recuperación de textos, procesamento de secuencias e deseño de sistemas de información. Á súa experiencia como docente e investigadora hai que engadir a relacionada coa xestión universitaria ocupando distintos cargos na UDC. Actualmente é coordinadora da área TIC para proxectos internacionais da Axencia Estatal de Investigación.

Vogal 

Catedrática da universidade na área de Dereito Penal. É coordinadora do grupo de investigación Criminología, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM). O seu traballo de investigación céntrase na ciberseguridade e nos desafíos ético-legais da intelixencia artificial en Dereito Penal.

Vogal 

Catedrático de universidade na área de Ciencia da Computación e Intelixencia artificial da UDC e coordinador do grupo de investigación Grupo Integrado de Enxeñería (GII). A súa investigación está relacionada coa robótica, en especial a robótica cognitiva, e coa aplicación da intelixencia artificial e a robótica en distintos ámbitos industriais.

Vogal 

É catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa da universidade e membro do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES). Na actualidade, é presidente da Fundación CITIC de Galicia. 

Vogal

Titular de universidade da área de Linguaxes e sistemas informáticos (UDC) e Directora do Campus Innova da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da UDC. As súas liñas de investigación céntranse en compresión de datos, estruturas de datos, análises de algoritmos, algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información. 

Vogal

É titular da universidade na área de Ciencia da computación e Intelixencia artificial e membro o grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia artificial (LIDIA). As súas liñas de investigación céntranse na selección de características, aprendizaxe automática, ensembles e big data. É membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España e Académica de Número da Academia Joven de España.