CITIC

COMPETENCIAS CIENTÍFICO TÉCNICAS

VI CONGRESO XOVETIC

O VI Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña (CITIC), desenvolverase o 5 e 6 de outubro de 2023. Está destinado a investigadores/as júnior (predoctorales e posdoctorales) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O obxectivo é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á súa formación.

O congreso, cuxa inscrición é gratuíta, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.

As contribucións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Todos aqueles traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.

TALLER DO USO DE DATOS PROCEDENTES DE CAPTURA DE MOVEMENTO HUMANO CO SISTEMA OPTITRACK

Relator: José Ángel López Campos. Profesor e investigador do grupo de Deseño e Simulación Numérica en Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo.

Data: 22 de setembro de 2023.

Horario: 11:00-14:00 h.

Modalidade: presencial (Laboratorio de realidade virtual e movemento do CITIC).

Obxectivos: coñecer os fundamentos da utilización do sistema de captura de movemento OptiTrack instalado no laboratorio de Realidade Virtual e Movemento do CITIC. O obxectivo é desenvolver un proxecto desde a súa fase inicial de captura de movemento e cun exemplo de datos preparado realizar o postprocesado e análise biomecánico utilizando a ferramenta de software libre OpenSim.

Inscrición: https://forms.office.com/e/r1tpVv8AMF

 

DATA MANAGER PARA XESTIÓN DA INVESTIGACIÓN

  • Datas: 16, 22, 23, 30 de marzo; 12 e 13 de abril de 2023.
  • Horario: mércores e xoves, de 10:00 a 12:00 horas. 
  • Localización: Sala Connect do CITIC (planta 1).
  • Programa:

Bloque I. Xestión básica de datos

    • Fórmulas e Funcións: Operadores aritméticos e tipos de referencias a celas; Funcións básicas: Suma, Media, Contar, etc.; Formulación con nomes de Rango.
    • Funcións Lóxicas: Funcións condicionais Se, E, Ou. Funcións .SE
    • Funcións de procura de datos en matrices: Funcións BuscarV, BuscarH.; Funciones Índice, Coincidir.
    • Funcións de texto e de datas. Buscar e substituír avanzado: caracteres non imprimibles, formatos
    • Representación visual dos datos. Gráficos básicos, Formato Condicional. Vistas do libro, Inmobilizar columnas, Ver en paralelo, Área de traballo

Bloque II. Xestión avanzada de datos

    • Ferramentas de datos: Validación de datos, Ordenación e filtrado, Filtros avanzados.
    • Importación e exportación de datos. Formatos texto, CSV. Diferentes separadores Configuración de importación automática de dato
    • Táboas e Gráficos Dinámicos: Creación e modificación de Táboas dinámicas. Elaboración de gráficos dinámicos.
    • Macros. Gravación e execución de tarefas
    • Traballo cooperativo. Protección de datos.

 

CURSO DE ANGULAR BASICS

Relator: Alberto Basalo. Especialista e formador en Código Limpo con Angular

Datas: 14*, 16, 23 y 30* de marzo; 10, 11, 13, 17, 18 y 20 de abril.

Horario: De 16:00 a 19:00h. salvo as xornadas do 14 e o 30 de marzo, que serán en horario de 09:30 a 12:30h.

Modalidade: Online, salvo as xornadas do 14 de marzo e o 20 de abril, que serán presenciais (sala Cloud do CITIC).

Dirixido principalmente a:

  • Programadores con Experiencia con HTML e JavaScript
  • Deseable: coñecementos de Programación Orientada a Obxectos

Inscrición

  • Instalar, configurar e utilizar o Angular CLI para xerar, depurar e despregar código.
  • Comprender a estrutura modular das aplicacións Angular.
  • Presentar e interactuar co usuario mediante compoñentes, directivas e pipes.
  • Xestionar múltiples rutas no cliente mediante o uso de Single Page Applications.
  • Comunicar datos con APIs en servidores remotos.
  • Arquitectura con servizos de lóxica e compoñentes de presentación reutilizables.
  • Node LTS
  • Editor VS Code ou similar
  • Hola Angular CLI
    • Instalación do CLI e xeración dunha aplicación
    • Comandos básicos para depurar e executar aplicacións
    • Organización e configuración do espazo de traballo
  • Estrutura de aplicacións
    • Módulos e compoñentes
    • Tipos de módulos
    • Visibilidade de compoñentes
  • Rutas e módulos funcionais
    • Conceptos de enrutado e Single Page Applications
    • Rutas, módulos e compoñentes
    • Comandos e parámetros nas rutas
  • Formularios e listados de datos
    • Vistas con HTML enriquecido e enlazado a modelos e controlador
    • Formularios para recollida de datos
    • Presentación de información condicional e repetitiva
  • Envío e recepción de datos por HTTP
    • Servizos e inxección de dependencias
    • Consumo dun API Rest
    • Operadores comúns de RxJS
  • Optimización de aplicacións
    • Xestión de estado asíncrono
    • Control de errores
    • Interceptores e seguridade
  • Angular Modernizado V15
    • Mira mamá sen módulos
    • Funcións en lugar de clases
    • Estratexias de migración

CURSO DE FUNDAMENTOS DE COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Relator: Vicente Moret Bonillo, investigador do CITIC e Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC.

Datas: 6, 8, 10, 17*, 20, 22, 27 e 29 de xuño e 1 de xullo.

(*) Xornada de 15:00 – 19:00 h coa participación de Juan Ignacio Cirac na Fundación Barrié dentro do evento Corunna Innovate Summit (rexistro gratuíto independente).

Lugar: Sala Cloud do CITIC.

Inscrición

Contidos:

  • TEMA 1. INTRODUCIÓN
  • TEMA 2. FORMALISMO MATEMÁTICO
  • TEMA 3. PRINCIPIOS DE MECÁNICA CUÁNTICA
  • TEMA 4. COMPUTACIÓN REVERSIBLE
  • TEMA 5. INFORMACIÓN CUÁNTICA
  • TEMA 6. OPERACIÓNS CON QUBITS E CIRCUITOS CUÁNTICOS
  • TEMA 7. SIMULACIÓN CUÁNTICA DE OPERADORES LÓXICOS CLÁSICOS
  • TEMA 8. ALGORITMOS CUÁNTICOS
  • TEMA 9. ARQUITECTURA CUÁNTICA UNIVERSAL DE FEYNMAN
  • TEMA 10. CONSIDERACIÓNS FINAIS

CONGRESO XOVETIC

O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, terá lugar os días 5 e 6 de outubro de 2022. Está destinado a investigadores junior (predoctorais y posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O obxectivo é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á súa formación.

O congreso, cuxa inscrición é gratuíta, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.

As comunicacións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Todos aqueles traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.

¡PLAZAS ESGOTADAS! NON SE ACEPTAN MÁIS INSCRICIÓNS.

CURSO FUNDAMENTALS OF DEEP LEARNING

  • Datas: 7 e 8 de novembro.
  • Relator: Mario Martínez Zarzuela (Deep Learning and CUDA Ambassador DLI Institute Nvidia).
  • Inscrición
  • Prazas limitadas: Admisión por orde de inscrición.
  • Resumo: A aprendizaxe profunda é un potente enfoque de IA que utiliza redes neuronais artificiais de varias capas para ofrecer unha precisión de vangarda en tarefas como a detección de obxectos, o recoñecemento de voz e a tradución de idiomas. Mediante a aprendizaxe profunda os ordenadores poden aprender e recoñecer patróns de datos que se consideran demasiado complexos ou sutiles para o software escrito por expertos. Neste taller aprenderá cómo funciona a aprendizaxe profunda a través de exercicios prácticos de visión artificial. Entrenará modelos de aprendizaxe profunda dende cero, aprendendo ferramentas e trucos para conseguir resultados de gran precisión. Tamén aprenderá a aproveitar os modelos preentrenados de última xeración, dispoñibles de forma gratuita, para aforrar tempo e conseguir que os seus modelos de aprendizaxe sexan máis precisos.
  • Programa: 
    • Día 7
      • 9:30 a 11:30. The Mechanics of Deep Learning
      • 11:30 a 12:00. Pausa-café
      • 12:00 a 14:00. Pre-trained Models and Recurrent Networks
    • Día 8
      • 9:30 a 11:30. Repaso e ampliación
      • 11:30 a 12:00. Pausa-café
      • 12:00 a 13:30. Assessment
  • Accede ao curso a través desta ligazón