CITIC

CyberSec@Gal celebrarase en novembro con talleres, charlas e premios no eido da ciberseguridade

22/10/2020 – CITIC

CyberSec@Gal volta na súa segunda edición enfocada aos riscos no teletraballo. O CITIC colabora na organización do evento organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade, na que participan R, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo. O evento terá lugar do 2 ao 5 de novembro e abordará a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.

CyberSec@Gal premiará pola súa excelencia académica a estudantes das universidades galegas cun premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade, valorado en 700 €; dous premios á Tese de Fin de Máster en Ciberseguridade na UVigo e UDC, valorados en 400 € cada uno; e dous premios á Tese de Fin de Grado en Ciberseguridade na UVigo e na UDC, valorados en 300 € cada un deles. Aquí pódese consultar máis información sobre os premios Cátedra R en Ciberseguridade.

As dúas primeiras xornadas de CyberSec@Gal contarán con talleres online orientados a estudantes do Sistema Universitario Galego e de Formación Profesional, que teñen como fin captar talento en ciberseguridade. Durante a terceira xornada levaranse a cabo charlas técnicas orientadas a profesionais e lanzarase un ciber-reto online cun premio final de 500 €. O sistema empresarial galego estará tamén representado na cuarta xornada do evento, que se desenvolverá de xeito semipresencial e tratará os riscos no teletraballo nunha mesa redonda específica nesta temática.

Inscrición ao evento