O CITIC recibiu onte a visita dun grupo de alumnos e alumnas da Universidade Senior da UDC, o programa universitario de maiores da Universidade da Coruña dirixido a persoas de idade igual ou superior a 50 anos.
Os alumnos visitaron as instalacións do CITIC da man do seu subdirector, Javier Pereira. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do centro, o grupo visitou o Demostrador Tecnolóxico do centro onde puideron coñecer algúns proxectos do ámbito da robótica.
Posteriormente, o grupo dirixiuse ao laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores.