
O programa Talentos Inclusivos, Premio Nacional de Ingeniería Informática
O programa Talentos Inclusivos foi recoñecido na primeira edición dos Premios Nacionales de Ingeniería Informática co galardón Humanismo e Compromiso Social polo seu labor na pasada edición. O proxecto, posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e Aspace Coruña, conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.