CITIC

O CITIC colabora co I Encontro Makers pola Discapacidade Física e Orgánica

19/05/2021 – CITIC

O próximo 29 de maio de 2021, ás 9:30 horas, terá lugar de maneira virtual o I Encontro Maker pola Discapacidade Física e Orgánica. O evento está organizado pola Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de Castela e León, e conta coa colaboración da Universidade de Burgos e do CITIC da Universidade da Coruña.

O subdirector do CITIC, Javier Pereira, presentará aos asistentes as capacidades do centro e as súas principais liñas de investigación en TIC aplicadas ao ámbito da diversidade funcional, centrándose principalmente no proxecto Talentos Inclusivos. Participará tamén a investigadora Thais Pousada impartindo un taller avanzado de impresión 3D e o investigador Manuel Lagos, quen intervirá na primeira mesa de experiencias.

O encontro está exposto como un espazo de aprendizaxe compartida, sinerxias e colaboración entre terapeutas ocupacionais, enxeñeiros, makers particulares, asociacións makers sen ánimo de lucro e organizacións de persoas con discapacidade física e orgánica. Todos eles compartirán coñecementos e solucións innovadoras, creativas e económicas que poidan facilitar a superación de barreiras ás persoas con discapacidade física e orgánica.

Descargar programa

Máis información