CITIC

O CITIC recibe a visita da Universidade Marta Abreu de Santa Clara, en Cuba

13/09/2023 - CITIC

Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e Manuel Penedo, director do CITIC, recibiron nas instalacións do centro a membros da Universidade Marta Abreu de Santa Clara, en Cuba.

Os profesores Alberto Pérez Bermúdez, decano da Facultade de Enxeñería Mecánica e Industrial; Yunier Valeriano Medina, decano da Facultade de Enxeñería Eléctrica, e Manuel Alejandro Rubio Rodríguez, director do Centro de Estudos Enerxéticos e Tecnoloxías Ambientais, chegaron o pasado martes á Universidade da Coruña con motivo dunha visita institucional.

O obxectivo da reunión é estreitar lazos e explorar novas vías de colaboración entre ambas entidades que lles permitan realizar proxectos conxuntos con alcance internacional, interesándose por temáticas como o Internet of Things, smart cities ou eficiencia enerxética.