CITIC

O CITIC retoma os Almorzos TIC Talk con María Delfina Ramos Vidal e Giovanni Bonisoli

31/10/2023 - CITIC

Este martes 31 de outubro, ás 10.00 horas, o CITIC voltou cos Almorzos TIC Talk tras a pausa estival. Esta décimo quinta sesión foi moderada polo investigador e membro da Comisión de Formación Álvaro Leitao.

O primeiro relatorio foi da man de María Delfina Ramos Vidal, quen presento “Evolución de liñas de produto software e bibliotecas dixitais”, na que explicou as vías para reutilizar produtos de software de forma máis eficiente. Desta forma pódense reducir os custos de produción e o tempo de comercialización dos produtos, entre outros beneficios. María Delfina Ramos é investigadora do CITIC e profesora contratada predoctoral na UDC. Está especializada na área de Linguaxes e Sistemas Informáticos.

O segundo faladoiro impartiuna Giovanni Bonisoli baixo o título “Event Extraction from Web Data Streams”, investigación en procesamento de linguaxe natural (PlN) sobre os avances na extracción automática de eventos en noticias de sucesos en xornais. Giovanni é estudante de doutoramento na Universidade de Modena e Reggio Emilia e, actualmente, atópase realizando unha estancia na Universidade da Coruña.

Os almorzos TIC Talk reúnen mensualmente na Sala Cloud do CITIC ao persoal investigador do centro. O obxectivo é dar a coñecer os seus traballos e promover a comunicación entre os participantes e o público asistente.