CITIC

O investigador do CITIC Luis Castedo, novo presidente da área TIC da Agencia Estatal de Investigación

06/11/2023 - CITIC

O investigador do CITIC Luis Castedo vén de ser nomeado presidente da área TIC da Agencia Estatal de Investigación, organismo público responsable do fomento da investigación científica e técnica en todas as áreas do saber mediante a asignación de recursos públicos e o asesoramento na planificación de accións a través das que se instrumenta as políticas de I+D do Estado.

A área TIC, que preside Luis Castelo, cobre un amplio número de tecnoloxías relacionadas co desenvolvemento de dispositivos e sistemas electrónicos, así como de tecnoloxías para a xestión e transferencia de información a través de sinais electromagnéticas.

Asimismo, esta área, – unha das 19 a través das que que a AEI desenvolve a súa actividade – engloba a investigación en procesamento de sinais, sistemas radiantes, subsistemas de radiofrecuencia e comunicacións ópticas.

A experiencia e liderazgo de Luis Castedo ao frente da área TIC da AEI permitirá seguir fomentando a investigación e innovación de excelencia no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Luis Castedo é Catedrático de teoría do sinal e comunicacións na Universidade da Coruña (UDC) desde 2001. Está especializado en enxeñería de comunicacións, traballando en áreas como redes de sensores, Internet of Things (IoT) ou comunicacións vehiculares.