CITIC
cibergal_web

Tres dos premios Cátedra R en ciberseguridad do CIBER. gal recaen en traballos dirixidos por investigadores do CITIC

16/11/2021 – CITIC

O pasado xoves, 11 de novembro, tivo lugar a entrega dos premios Cátedra R en ciberseguridade que se outorgaron como colofón da primeira edición do evento CIBER. gal.

Outorgáronse cinco premios, tres dos cales recaeron en traballos dirixidos ou realizados por investigadores do CITIC, foron os seguintes:

  • Premio á Mellor Tese para Manuel Suárez Albela, pola súa tese doutoral titulada “New secure IoT architectures, communication protocols and user interaction technolgies for home automation, industrial and Smart enviroments”, que foi dirixida polo investigador do CITIC Tiago Fernández Caramés.
  • Premio ao Mellor TFM para Lara Pallas Quintela, investigadora do CITIC, polo seu traballo “Sistemas de verificación de autoría de e-mail mediante procesamento da linguaxe natural usando software libre”.
  • Premio ao Mellor TFG para Adrián Martínez Bemposta polo seu traballo Análise pasiva de tráfico en redes de área local”, dirixido polo investigador do CITIC Francisco Nóvoa Manuel.

A primeira edición de CIBER. gal celebrouse os pasados 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago e estivo organizado por CIBER. gal, nodo galego de Ciberseguridad e no que colaborou a cátedra interuniversitaria R en ciberseguridade da UDC e a UVigo. O evento contou con talleres, charlas divulgativas e paneis de debates. Tivo como finalidade achegar valor á ciberseguridade, trasladar o coñecemento na seguridade da información, impulsar a industria da ciberseguridad, e fomentar a creación de talento.