CITIC
xiv_foro_

XIV Foro de Interacción Matemática Industrial

O 4 de xuño de 2021 o CITIC acollerá o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estadística e Investigación Operativa de las 3 universidades galegas.

Neste XIV Foro de Interacción Matemática Industria, as empresas convidadas exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por computador (CAE), etc.

Entre outros, pódense presentar problemas relacionados con mecánica de fluidos, cálculo de estruturas, transferencia de calor, acústica, electromagnetismo, finanzas cuantitativas, apoio á toma de decisións, asesoramento estatístico e análise de datos, control de calidade, análise de riscos, optimización de procesos, control de stocks, etc.

OBXECTIVOS:

  • Expor as posibles necesidades da industria e a empresa en relación cos métodos matemáticos, a simulación numérica, a estatística e a investigación operativa para a resolución de problemas.
  • Incrementar as relacións entre a empresa e a universidade no campo da Matemática Industrial, mostrando o potencial das matemáticas, a simulación numérica, a estatística e a investigación operativa e estimulando a cooperación.
  • Promocionar o uso dos modelos matemáticos, as técnicas computacionais e de simulación numérica, técnicas estatísticas, análises de datos, explotación de información, etc. en la industria.
  • Abrir líñas de investigación cara a temas de interese para a empresa e a industria.
  • Favorecer a incorporación de técnicos especializados á empresa.

ENTIDADES PARTICIPANTES:

  • Álamo Consulting
  • ALMIS
  • Nueva Pescanova
  • SDG Group
  • Tastelab
  • Tecdesoft

PONENTES:

  • D. Adrián Pacheco Paz. Xefe de equipo. Álamo Consulting.
  • D. Adriel Regueira Suárez. Head of IT & Cibersecurity. Tecdesoft.
  • D. Aitor Biain Galdos. ALMIS.
  • Profa. Dña. Elena Vázquez Cendón. Coordinadora xeral M2i. ITMATI/USC.
  • D. Guillermo Renancio Artal, director Expansión, Tecnoloxía e Alianzas. Grupo Nueva Pescanova.
  • Prof. D. Julio González Díaz (coordinador xeral MTE). ITMATI/USC.
  • Dña. Maruxa Quiroga García. CEO & co-founder TASTELAB.
  • D. Maurizio Sanarico. Chief Data Scientist Globarl SDG Group.
  • D. Rubén Gayoso Toboada, xerente de ITMATI.

PROGRAMA:

09:15 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación.

09:30 h. Apertura do XIV Foro de Interacción Matemática Industria.

Mesa de apertura do Foro (provisional):

  • Representante da Consellería de Industria.
  • Reitor da Universidade da Coruña (UDC).
  • Presidente de ITMATI.
  • Decano da Facultade de Informática da UDC.
  • Representante do Comité Científico.

09:55 h. “ITMATI: Un modelo de éxito para transferir tecnoloxía matemática e innovación á industria”. D. Rubén Gayoso Taboada, xerente de IMATI.

10:25 h. “Solución de reporting regulatorio  líder do sector financeiro español”. Álamo Consulting. D. Adrián Pacheco Paz. Jefe de equipo.

10:55 h. “Sensometría, a análise de datos en percepción sensorial”. TASTELAB. Dña. Maruxa Quiroga García. CEO & Co-founder.

11:25 h. Pausa

11:35 h. “Fabricación avanzada con Intelixencia Artificial” Tecdesoft. D. Adriel Regueira Suárez. Head of IT & Cibersecurity.

12:05 h. Relatorio de ALMIS (título de la ponencia pendiente de confirmación). D. Aitor Biain Galdos.

12:35 h. “Desenvolvemento de modelos preditivos de evolución de contornas naturais e benestar animal en contornas físicas multifactoriais naturais sen intervención humana”. Grupo Nueva Pescanova. D. Guillermo Renancio Artal, director Expansión, Tecnoloxía e Alianzas. Grupo Nueva Pescanova.

13:05 h. “COVID-19, necesidade e oportunidade para o avance da IA en sanidade”. SDG Group. D. Maurizio Sanarico, Chief Data Scientist Global SDG Group.

13:35 h. Presentacións dos másteres: Máster de Matemática Industrial (M2i) e do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE). Profa. Dna. Elena Vázquez Cendón. Coordinadora general M2i. ITMATI/USC. Prof. D. Julio González Díaz. Coordinador xeral MTE. ITMATI/USC.

13:55 h. Preguntas

14:00 h. Clausura

MODALIDADE: Mixta ( presencial y online vía TEAMS).

OMITÉ CIENTÍFICO:

  • Arregui Álvarez, Íñigo. Profesor Titular de Matemática Aplicada, Universidade da Coruña (UDC), investigador do CITIC e investigador colaborador de ITMATI.
  • Lorenzo Freire, Silvia. Profesora Titular de Estatística e Investigación Operativa, Universidade da Coruña (UDC), investigadora do CITIC e investigadora adscrita a ITMATI.
  • Vázquez Cendón, Elena. Profesora Titular de Matemática Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora adscrita a ITMATI.
  • Roca Pardiñas, Javier. Profesor Titular de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo (UVigo) e investigador adscrito a ITMATI.
 
COMITÉ ORGANIZADOR:
  • Arregui Álvarez, Íñigo. Profesor Titular de Matemática Aplicada, Universidade da Coruña (UDC), investigador de CITIC e investigador colaborador de ITMATI.
  • Lorenzo Freire, Silvia. Profesora Titular de Estadística e Investigación Operativa, Universidade da Coruña (UDC), investigadora do CITIC  e investigadora adscrita a ITMATI.
  • Castro Novo, Adriana. Coordinadora da Unidade de Xestión de Transferencia (UgT). Área de Transferencia e Innovación (ITMATI).
  • Bouzas Rakela, Sebastián. Xestión de transferencia de tecnología e innovación (ITMATI).

INSCRICIÓN GRATUITA NO SEGUINTE FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

DESCARGAR PROGRAMA PROVISIONAL

ORGANIZA: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).

LUGAR: Sala Cloud, planta 1. Edificio CITIC, Campus de Elviña s/n, A Coruña.

ENTIDADES COLABORADORAS:

  • Facultade de Informática, UDC.
  • Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), UDC.