CITIC

NOVIDADES

Congresos

Investigadores do CITIC participan na sesión de presentación do Programa de Formación en Competencias Dixitais en Saúde para residentes, do que coordinan módulos formativos

O director do CITIC Manuel F. González Penedo e o investigador Alejandro Pazos participaron onte na sesión de presentación do Programa de formación en Competencias Dixitais en Saúde para residentes, celebrada no salón de actos do Hospital Universitario da Coruña. Os investigadores coordinarán senllos módulos formativos no programa.

Leer máis »

O CITIC acolle o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, organizado xunto con ITMATI

O CITIC acollerá este venres 4 de xuño o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. Neste evento, organizado xunto con ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), as empresas convidadas exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por computador (CAE), etc.

Leer máis »

Manuel Oviedo e Rubén Fernández participan no X Seminario Internacional de Estatística Aplicada

Os investigadores do CITIC Manuel Oviedo e Rubén Fernández participarán no X Seminario Internacional de Estatística Aplicada, que ten lugar do 11 ao 15 de maio organizado pola Sociedade Ecuatoriana de Estatística. Manuel Oviedo impartirá o taller “Análise de datos funcionais coa librería fda.usc de R”; mentres que Rubén Fernández ofrecerá a conferencia maxistral “Xeoestadística non paramétrica co paquete npsp”. Ambas as actividades terán lugar o vindeiro martes 11 de forma online.

Leer máis »

O CITIC celebrará en outubro o IV Congreso XoveTIC

O CITIC presenta a IV edición do Congreso XoveTIC, que terá lugar en formato virtual os días 7 e 8 de outubro de 2021. Este evento científico está destinado ao persoal investigador júnior (predoutoral e posdoutoral) para presentar comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC. Ademais, tamén terán lugar conferencias plenarias e talleres de formación. Así, o obxectivo do XoveTIC é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á formación dos mozos investigadores.

Leer máis »

Amparo Alonso participa no Congreso Global Virtual Educa Lisboa

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará co seu relatorio “Educación e Intelixencia Artificial” no Congreso Global: Ecosistemas educativos para a era dixital, organizado por Virtual Educa Lisboa. O evento, que se celebra entre o 3 e o 5 de marzo en modalidade online, contará coa presenza de destacados expertos e abordará cuestións relacionadas coas tecnoloxías, modelos de aprendizaxe ou o desenvolvemento profesional docente.

Leer máis »