
Expertos internacionais reúnense na Coruña para reforzar a protección da auga fronte a ciberameazas
O CITIC da UDC acolleu a presentación da Rede de Ciberseguridade na Xestión dos Sistemas de Auga, impulsada por INCIBE e a UdG.

O CITIC da UDC acolleu a presentación da Rede de Ciberseguridade na Xestión dos Sistemas de Auga, impulsada por INCIBE e a UdG.

Cátedra INDITEX-UDC de Intelixencia Artificial en Algoritmos Verdes retoma o seu ciclo de conferencias “Converxencia verde: IA para un futuro sustentable”. A charla terá lugar no CITIC o venres, 6 de xuño, ás 12:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Representou ao centro no I Congreso Internacional do Consello Xeral de Colexios de Terapeutas Ocupacionais (CGCTO), celebrado en Madrid do 22 ao 24 de maio.

Nesta sesión, Falak Naz e Martiño Rivera Dourado presentaron as súas investigacións sobre biomarcadores oncolóxicos mediante intelixencia de datos e autenticación sen contrasinais en redes, respectivamente.

A investigadora do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, impartiu no IES Miraflores de Oleiros a charla “Aplicacións da intelixencia artificial ás interfaces persoa-máquina”, dirixida a alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

O CITIC da UDC acolleu hoxe nas súas instalacións a presentación da terceira edición de AddVenture, un programa de emprendemento e innovación promovido polos Consellos Sociais da UDC e da USC.

O vindeiro 23 de febreiro de 15:30 a 20:30 h terá lugar o C3TF – CITIC Cyber Competition, unha competición de ciberseguridade organizada polo CITIC en colaboración con atlanTTic, a Cátedra R en Ciberseguridade e o MUNICS. O evento está destinado a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da seguridade informática.

El próximo 2 de febrero tendrá lugar en la sala Cloud del CITIC la jornada formativa destinada a mentoras y mentores del ámbito académico, empresarial y de la investigación que participarán en el programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado por la investigadora del centro Verónica Bolón.
La formación tendrá una duración de 8 horas y será impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador y consultor especializado en desarrollo organizacional y de personas.

O 15 de decembro a partir das 12:00 h celebrarase no CITIC o acto de entrega de premios do concurso de ideas de arquitectura convocado pola UDC para o novo edificio do CITIC na Cidade das TIC, que se situará nos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña como centro I+D+i e nodo de intelixencia artificial.

O vindeiro xoves 11 de novembro presentarase na Domus da Coruña a segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos, posto en marcha polo CITIC e ASPACE Coruña co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología (FECYT), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.

As XV Xornadas de Enxeñería Telemática (JITEL 2021), organizadas polo CITIC e a Sociedade Científica de Enxeñería Telemática, terán lugar no CITIC do 27 ao 29 de outubro.

O IV Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, terá lugar en formato virtual os días 7 e 8 de outubro de 2021. Está destinado a investigadores/as junior (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).

A artista de Character FX (CFX) e profesora da UDC, Fátima Davite Aguiar, impartirá o vindeiro martes 25 de maio unha charla dentro do programa “Das TIC ao ceo”, impulsado polo CITIC e o Consello Social da UDC para fomentar vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes de secundaria e bacharelato. Fátima Davite ofrecerá unha conferencia online ao alumnado do IES Ortigueira, que estará moderada polo subdirector do CITIC, Javier Pereira.

O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián impartirá este xoves 6 de maio unha charla en formato online dentro do programa “Das TIC ao ceo”, impulsado polo CITIC e o Consello Social da UDC para fomentar vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes de secundaria e bacharelato. O investigador ofrecerá unha conferencia destinada a 40 alumnos e alumnas de bacharelato do IES Terra de Trasancos de Narón, que estará moderada polo subdirector do CITIC, Javier Pereira.

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña e o Consello Social da Universidade da Coruña, presentan o programa “Das TIC ao ceo”, que ten o obxectivo de fomentar vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes de secundaria e bacharelato. Este ciclo de conferencias, impartidas por antigos alumnos e alumnas da Universidade da Coruña, terá lugar de forma online durante os meses de abril e maio, e inaugúrase este xoves 22 de abril con motivo da celebración do Día Internacional das Nenas nas TIC.

O 4 de xuño de 2021 o CITIC acollerá o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das 3 universidades gallegas.

O vindeiro venres, 26 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar na sala Cloud do CITIC a sesión técnica de resultados do proxecto GEMA (GEstión de la MovilidAd).

O vindeiro venres 26 de febreiro ás 12:00 horas realizarase no CITIC a presentación e difusión de resultados do proxecto GEMA (GEstión de la MovilidAd).