CITIC

NOVIDADES

A Universidade da Coruña acollerá os vindeiros 6 e 7 de novembro as III Xornadas de Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade na era da Intelixencia Artificial

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña será a sede das III Xornadas de Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade, unha iniciativa que busca abordar o impacto da intelixencia artificial nos nesgos de xénero e explorar oportunidades para promover a igualdade no ámbito tecnolóxico.

Leer máis »

Talentos Inclusivos recibe o premio Ciencia e Valores Humanos do concurso internacional “Ciencia en Acción”

O proxecto Talentos Inclusivos do CITIC da Universidade da Coruña acaba de recibir un novo recoñecemento polo seu traballo á hora espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.

Leer máis »