
O CITIC conclúe o proxecto Erasmus+ Design2Freedom promovendo o deseño centrado na persoa na universidade
A iniciativa europea, liderada por COCEMFE e coa participación da Universidade da Coruña a través do CITIC, conclúe tras dous anos e medio de traballo colaborativo e deixa un legado de recursos abertos para promover o deseño centrado na persoa na educación superior.










