CITIC

NOVIDADES

A investigadora Aida Vidal gaña o premio Proxecto Fin de Mestrado do CPEIG

A investigadora do CITIC Aida Vidal acaba de recibir o XI Premio Proxecto Fin de Carreira/ Mestrado en Enxeñaría en Informática, outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) polo seu traballo “Aplicación gamificada mediante realidade aumentada para incentivar a actividade física de pacientes pediátricos de longa estancia”. Este traballo estivo dirixido por Tiago Manuel Fernández Caramés e Paula Fraga Lamas, tamén investigadores do CITIC.

Leer máIs »

O CITIC colabora na Maker Faire Galicia

O CITIC colabora na organización da Maker Faire Galicia, que se desenvolverá do 18 ao 22 de novembro. Maker Faire Galicia é a maior Maker Faire da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados.

Leer máIs »

O CITIC da UDC obtén financiamento da Xunta para desenvolver proxectos de investigación para avanzar na loita contra o COVID-19

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apoia con máis de medio millón de euros a posta en marcha de tres proxectos dirixidos por investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña para avanzar na loita contra o COVID-19. Os investigadores principais destes proxectos son Ricardo Cao, Marcos Ortega Hortas e José Santos Reyes.

Leer máIs »

Richard Duro nomeado Vicepresidente para Conferencias e Actividades Técnicas da Internacional Neural Network Society

O investigador do CITIC Richard Duro ven de ser nomeado Vicepresidente para Conferencias e Actividades Técnicas da International Neural Network Society (INNS). Trátase da sociedade científica internacional máis antiga no campo das redes neuronais artificiais e conta con membros de todo o mundo. Ademais, en decembro de 2019 foi reelixido por terceiro ano consecutivo para formar parte do Board of Governors desta sociedade para os anos 2020, 2021 e 2022.

Leer máIs »