Sesión “especial estancias” dos almorzos TIC Talk
Este martes 11 de xullo celebrouse a décimo cuarta edición dos almorzos TIC Talk cunha sesión especial na que participaron investigadores que se atopan de estancia na UDC.
Este martes 11 de xullo celebrouse a décimo cuarta edición dos almorzos TIC Talk cunha sesión especial na que participaron investigadores que se atopan de estancia na UDC.
O encontro anual da Sociedade Astronómica Europea, EAS (European Astronomical Society Annual Meeting) 2023 que se celebra esta semana en Cracovia conta coa participación dos investigadores do CITIC Minia Manteiga e Iker González, que asisten ata este venres 14 a un dos eventos máis relevantes da astronomía a nivel mundial.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de anunciar a posta en marcha dun Plan de Infraestruturas Universitarias co obxectivo de seguir avanzando na consolidación da excelencia e calidade do sistema universitario galego.
O pasado xoves 6 de xuño, o CITIC recibiu a visita de Miquel Serra-Ricart, administrador do Observatorio do Teide no Instituto de Astrofísica de Canarias, e Javier Parra, EO Alared InTec e analista de datos e trafficker.
O grupo de empresarios Vicus Gallaecia reuniuse onte en Vigo con diversos membros da Universidade da Coruña; concretamente con Julio Abalde, reitor da UDC, Manuel G. Penedo, director do CITIC, e Amparo Alonso, catedrática da UDC.
Converter A Coruña na capital mundial da música creada con intelixencia artificial é o obxectivo do AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión da IA, que terá lugar no CSA da Cidade das TIC o vindeiro 4 de novembro. Un evento ó que se une o CITIC da UDC para dar a coñecer o potencial da IA en diferentes campos creativos e artísticos como o da música.
A estudante de doutoramento do grupo de investigación MODES do CITIC da UDC, Naomi Diz Rosales, acaba de ser galardoada co Premio ao mellor póster realizado por unha investigadora nova no transcurso da XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023).
Este martes, 27 de xuño, celebrouse unha nova sesión dos almorzos TIC Talk na que se mostraron as liñas de investigación nas que traballan Ana Ribas Rodríguez e Rubén Pérez Jove.
O CITIC da Universidade da Coruña recibiu este xoves o 11o premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social, así como ao exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido.
Este xoves 29 de xuño, o CITIC recibiu a visita de varios nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, inscritos no campus tecnolóxico de verán ALDABA-TIC Camp. Durante a súa visita puideron participar nun pequeno taller impartido polas investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda, onde lles mostraron diversas solucións tecnolóxicas enmarcadas dentro do proxecto de Talentos Inclusivos e participaron en diversas experiencias de realidade virtual.
A investigadora do CITIC, Susana Ladra, participou o 29 de xuño na xornada Enxeñaría x Mulleres, promovida polo centro de investigación atlanTIC da Universidade de Vigo, dentro da mesa redonda Diálogos con Enxeñeiras.
O catedrático da UDC, Ricardo Cao, impartiu o pasado mércores 21 de xuño un relatorio na IX
Xornada sobre Vixilancia en Saúde Pública, celebradas no ISCIII de Madrid.