
O investigador do CITIC, Ricardo Cao, novo Reitor da UDC
A Universidade da Coruña (UDC) anunciou onte a elección do investigador do CITIC, Ricardo Cao, como o seu novo reitor para os próximos seis anos.
A Universidade da Coruña (UDC) anunciou onte a elección do investigador do CITIC, Ricardo Cao, como o seu novo reitor para os próximos seis anos.
Este martes 28 de novembro, ás 10.00 horas, celebrouse na Sala Cloud do CITIC o décimo sexto Almorzo TIC Talk con Miguel Anxo Pérez Vila e Pablo Gutiérrez-Asorey.
O pasado mércores 22 de novembro, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADADECO) visitou o Demostrador Tecnolóxico e o Laboratorio de Realidade Virtual e Localización do CITIC. Durante a xornada, varios usuarios, profesionais sanitarios e alumnas de Terapia Ocupacional, probaron os novos desenvolvementos de realidade virtual (RV) creados por investigadores do centro.
A Universidade da Coruña recoñeceu o labor de dez docentes cuxos proxectos combinan aprendizaxe e servizo á comunidade a través dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo. Entre os galardoados está a investigadora do CITIC e profesora da UDC, Adriana Dapena Janeiro, quen levou o primeiro premio na categoría de Atención á Diversidade polo seu proxecto “Tecnoloxía e Sociedade”.
Desentrañando o potencial de “Human in the Loop” no adestramento de modelos de IA 24/11/2023 – CITIC O investigador do CITIC da
O subdirector do CITIC, Javier Pereira participou no programa “El gallo que no cesa” de RNE acompañado de Beatriz Méndez, profesora de Tecnoloxía no Instituto de Educación Secundaria Rego de Trabe de Culleredo.
Pereira puxo en valor o Programa Talentos Inclusivos, unha iniciativa impulsada polo CITIC en colaboración con ASPACE Coruña a favor da tecnoloxía inclusiva. O obxectivo principal é fomentar as vocacións STEM e visibilizar os retos aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral no seu día a día.
O CITIC participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A. (SOGAMA), e no que tamén participa LIPOR, en materia de transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.
Os membros do CITIC Rubén Pérez e Martiño Rivera, integrantes do equipo de competicións de ciberseguridade “th3_n00bs”, lograron o terceiro posto na final da V National CyberLeague organizada pola Garda Civil.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicación (CITIC) da Universidade da Coruña terá un papel destacado na Xornada sobre Tecnoloxías Emerxentes en Formación e Práctica Médica que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de novembro, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
O grupo de investigación liderado polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia artificial (LIA2) recibiu o premio na categoría de Grupos de Investigación na VII Edición dos premios SpinOff PuntoGal.
A investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, acaba de ser nomeada Académica Correspondente na sección de Matemáticas da prestixiosa e centenaria Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC).
Un grupo de investigadores do CITIC da UDC, liderados por Carlos Dafonte e Minia Manteiga participan na misión proporcionando ferramentas de Intelixencia artificial para clasificar os obxectos observados.