
O CITIC comparte a súa experiencia en IA aplicada á xestión de emerxencias na clausura do proxecto europeo ATEMPO
O director do CITIC, Manuel González Penedo, participou a pasada semana na xornada de clausura do proxecto europeo ATEMPO (Asistencia Transfronteiriza de Emerxencias), celebrada en Porto, onde interveu nunha mesa redonda dedicada a analizar o papel da innovación e da cooperación transfronteiriza na xestión de emerxencias.










