
Achegando a investigación en TIC aos máis novos
Hoxe visitou o CITIC un grupo de 20 alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do Colexio Sagrado Corazón, Franciscanas, da Coruña. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, o alumnado puido coñecer da man de Alejandro Mosteiro, responsable da Unidade de Sistemas do CITIC, algúns proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo.