
Jorge Castiñeiras e Ricardo Cao imparten dúas charlas nun workshop da rede ATMS na KU Leuven
O 4 e 5 de maio os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Jorge Castiñeiras impartiron dúas charlas nun workshop organizado pola red ATMS na KU Leuven.

O 4 e 5 de maio os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Jorge Castiñeiras impartiron dúas charlas nun workshop organizado pola red ATMS na KU Leuven.

A investigadora do CITIC Nieves Pedreira Souto atópase actualmente de estancia no KMi (Knowledge Media Institute) da Open University en Milton Keynes (UK), con financiamento do CITIC.

O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) concedeu o Premio Ada Byron á investigadora do CITIC Verónica Bolón polos seus traballos de investigación na área de Intelixencia Artificial e a súa aposta polo fomento de vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas, participando en numerosas actividades de divulgación e coordinando o nodo da Coruña do programa Inspira STEAM.

A entidade destacou as boas prácticas e resultados obtidos pola iniciativa titulada “Machine Learning on the Edge”, que busca obter modelos de aprendizaxe automática máis sustentables en canto a consumo enerxético e impacto nas emisións de carbono.

O CITIC participará, cunha caseta compartida xunto á Consellería de Educación, no Día da Ciencia na Rúa que terá lugar o próximo 6 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, o CITIC amosará diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos.

O Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) organiza unha nova edición do seu ciclo de conferencias internacionais sobre intelixencia artificial. Nesta ocasión, conta coa participación do profesor Mutlu Cukurova, do University College de Londres (UCL), que realizará un relatorio centrado no potencial da IA na educación e as súas vantaxes para mellorar o ensino e a aprendizaxe.

Aproximadamente uns 70 alumnos do 4º curso do Grao en Enxeñería Informática da UDC visitaron parte das instalacións do CITIC os pasados días 17, 19 e 24 de abril.
Os estudantes, que cursan as materias de “Contornos Inmersivos, interactivos e de entretemento” e de “Computación gráfica e visualización” puideron coñecer as posibilidades e experimentar o uso dos laboratorios de realidade virtual, realidade aumentada, sistema de captura de movemento e sistema captivo de movemento do CITIC.

Integra a súa programación nos actos que pon en marcha o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Gafas Hololens de Realidade Aumentada, programación básica con linguaxe scratch e unha aproximación a Robobo, o robot educativo creado integramente por investigadores do Centro, son os pratos fortes do CITIC para esta cita de divulgación científica.

Durante os meses de marzo e abril, a investigadora Thais Pousada estivo a impartir varias charlas para estudantes da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
En concreto, os seus talleres versaron sobre a importancia dos produtos e tecnoloxías de apoio para a vida independente das persoas con diversidade funcional e sobre o deseño e impresión 3D de algúns destos produtos.

Este martes, 25 de abril, tivo lugar no CITIC unha nova edición dos Almorzos TIC Talk, celebrados os últimos martes de cada mes na sala Cloud do centro.
En primeiro lugar, Jorge Castiñeiras Rella, coa súa charla “Cost-sensitive learning for financial fraud detection”, falou sobre a súa tese industrial, na que estuda técnicas cost-sensitive para obter patróns de fraude de falta de pagamentos. Pola súa banda, Manuel Santamariña Ruíz de León presentou “Mamá, son desenvolvedor!: Unha ollada rápida ao mundo do software”.

Pablo Mariño recibiu o primeiro premio e Gabriel Fernández e Rubén Somoza dous accésit polos seus TFG, todos eles dirixidos por investigadores do CITIC.
Un sistema de posicionamento do móbil por son, a validación de títulos aplicando redes blockchain e o desenvolmento dun dispositivo para detectar resultados anómalos en tempo real de diferentes marcadores ambientais foron os temas que centraron os traballos gañadores, seleccionados entre 14 propostas que recibiron matrícula de honra o pasado curso.

O estudo, no que participan o persoal investigador do CITIC da UDC Ricardo Cao e Inés Barbeito, recompila información sobre todas as medidas de restrición impostas entre setembro de 2020 e a fin do estado de alarma, en maio do 2021. A publicación científica en Frontiers in Public Health recolle os resultados da investigación realizada por este grupo do Comité Español de Matemáticas que, en colaboración co Instituto de Salud Carlos III e o Ministerio de Sanidad, realizou un estudo profundo sobre o impacto das medidas non farmacéuticas.