CITIC

NOVIDADES

Investigación

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña visita o CITIC

O pasado mércores 22 de novembro, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADADECO) visitou o Demostrador Tecnolóxico e o Laboratorio de Realidade Virtual e Localización do CITIC. Durante a xornada, varios usuarios, profesionais sanitarios e alumnas de Terapia Ocupacional, probaron os novos desenvolvementos de realidade virtual (RV) creados por investigadores do centro.

Leer máis »

Adriana Dapena, primeiro premio en Atención á Diversidade nos III Premios de Innovación Docente da UDC

A Universidade da Coruña recoñeceu o labor de dez docentes cuxos proxectos combinan aprendizaxe e servizo á comunidade a través dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo. Entre os galardoados está a investigadora do CITIC e profesora da UDC, Adriana Dapena Janeiro, quen levou o primeiro premio na categoría de Atención á Diversidade polo seu proxecto “Tecnoloxía e Sociedade”.

Leer máis »

“A tecnoloxía mellora a calidade de vida das persoas”

O subdirector do CITIC, Javier Pereira participou no programa “El gallo que no cesa” de RNE acompañado de Beatriz Méndez, profesora de Tecnoloxía no Instituto de Educación Secundaria Rego de Trabe de Culleredo.

Pereira puxo en valor o Programa Talentos Inclusivos, unha iniciativa impulsada polo CITIC en colaboración con ASPACE Coruña a favor da tecnoloxía inclusiva. O obxectivo principal é fomentar as vocacións STEM e visibilizar os retos aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral no seu día a día.

Leer máis »