CITIC

NOVIDADES

Investigación

Modelos de prevención da artrite, o procesamento da linguaxe natural e a sensorización virtual sen fíos, primeiros traballos do programa europeo 3-i ICT de captación de talento internacional

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este martes 23 de maio a presentación dos traballos de tese de doutoramento internacional do 3-i ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme), un innovador programa de captación de talento predoutoral concedido ao centro da UDC o pasado ano. Concretamente, presentáronse tres das oito investigacións previstas ao abeiro deste plan.

Leer máis »

O CITIC liderará o maior proxecto de investigación seleccionado polo INE para mellorar a función estatística oficial

Un equipo dirixido polo investigador Ricardo Cao e formado por 26 investigadores do centro das áreas de estatística, intelixencia artificial, e bases de datos, xunto cunha investigadora do Instituto Galego de Estatística e un investigador da Universitè de Genève ocuparanse do desenvolvemento do proxecto ata 2026.
O Instituto Nacional de Estatística concedeu ao Centro de Investigación TIC uno dos únicos catro proxectos outorgados en toda España e recibirá 650.000 euros para o desenvolvemento de 7 liñas de investigación das 13 incluídas na convocatoria

Leer máis »

Acción Matemática contra a COVID confirma que o incremento das restriccións reduciu a transmisión do virus nun 22% á semana

O estudo, no que participan o persoal investigador do CITIC da UDC Ricardo Cao e Inés Barbeito, recompila información sobre todas as medidas de restrición impostas entre setembro de 2020 e a fin do estado de alarma, en maio do 2021. A publicación científica en Frontiers in Public Health recolle os resultados da investigación realizada por este grupo do Comité Español de Matemáticas que, en colaboración co Instituto de Salud Carlos III e o Ministerio de Sanidad, realizou un estudo profundo sobre o impacto das medidas non farmacéuticas.

Leer máis »

Matemáticas para predicir o risco de cardiotoxicidade en cancro de mama

O de mama é o primeiro cancro entre a poboación feminina e un dos de maior incidencia en Galicia. Cada ano detéctanse na nosa comunidade máis de 2.000 novos casos, segundo datos do Observatorio contra o Cancro da AECC. Un equipo de investigadores do CITIC da UDC vén de rematar a primeira fase dun estudo estatístico que mide a probabilidade de padecer cardiotoxicidade en mulleres que reciben tratamentos potencialmente cardiotóxicos.

Leer máis »

Dous prototipos do CITIC para medir contaminación lumínica poñeránse a prueba no marco da expedición “Compromiso coa tierra” que parte hoxe a Laponia

Hoxe parte desde Mos (Pontevedra) con destino ao Lago Torneträsk de Laponia a cuarta expedición do proxecto “Compromiso coa terra”, capitaneada pola alpinista Chus Lago e que ten a finalidade de espertar a conciencia ambiental sobre o cambio climático. Durante a expedición, poñeranse a proba dous prototipos desenvolvidos no CITIC dotados de sensores de brillo de ceo nocturno.

Leer máis »