CITIC

NOVIDADES

Investigación

Medicina do sono e estatística aplicada ás finanzas, na terceira sesión dos Almorzos TIC Talk

Este martes 31 de maio celebrouse no CITIC a terceira sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas ao persoal investigador do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira. Este novo encontro contou coa participación de Diego Álvarez e Rebeca Peláez, que foron presentados por Álvaro Leitao, membro da comisión de formación.

Leer máis »

O CITIC reúne a entidades europeas nunha iniciativa para fomentar a educación dixital de propietarios de casas históricas

O CITIC acollerá o martes 24 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo HERIT: Heritage Efficient management through Relevant IT use, no que participa o centro xunto co CUFIE e o Grupo de Estudos Territoriais da UDC e outras seis entidades europeas. HERIT é un proxecto financiado polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo impulsar as competencias dixitais de propietarios/as privados/as de casas históricas, axudándolles a facer fronte ao impacto da pandemia no turismo cultural.

Leer máis »

O CITIC acolle a segunda sesión dos Almorzos TIC Talk

Máis de 30 investigadores/as do CITIC déronse cita na segunda sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas a membros do centro que se atopan nas primeiras etapas da súa carreira investigadora. O encontro tivo lugar este martes 26 de abril na sala Cloud do CITIC, con dous novos relatores que compartiron as súas liñas de investigación.

Leer máis »

O CITIC acollerá do 19 ao 22 de abril a Study Week with Financial Industry

O CITIC acollerá do 19 ao 22 de abril de 2022 a “ Study Week with Financial Industry”, acción organizada no marco do Doutoramento Industrial Europeo ABC- EU- XVA da convocatoria MSCA do Programa Marco H2020.
Ao redor de trinta investigadores internacionais, organizados en equipos, traballarán durante a celebración das xornadas na resolución de tres problemas expostos por empresas do sector financeiro involucradas no proxecto.

Leer máis »

O CITIC presenta o proxecto europeo 3-i ICT, innovador programa de captación de talento predoutoral

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este venres, 25 de marzo, o acto de presentación do proxecto europeo 3i-ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme) que conta cun financiamento de máis de 1,3 millóns de euros por parte da Comisión Europea e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Leer máis »

A FIC acolle un seminario sobre modelos de simulación para o apoio da toma de decisións sobre a xestión de camas en UCI

O próximo 9 de febreiro ás 17:00 h celebrarase na aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC o seminario “Modelos de simulación para o apoio da toma de decisións sobre a xestión de camas en UCI”, impartido polo investigador da Universidade Pública de Navarra, Daniel García de Vicuña, e organizado por persoal investigador do CITIC.

Leer máis »