CITIC

NOVIDADES

Investigación

Hoxe incorpóranse ao CITIC 16 investigadores que se integrarán ao proxecto CEDCOVID

Esta mañá incorporáronse ao CITIC 16 investigadores que se integrarán ao equipo do proxecto CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19. O novo equipo investigador desenvolverá durante os próximos tres meses tarefas de procesamento, análise e visualización de datos relacionados coa pandemia COVID-19.

Leer máis »

O CITIC da UDC recibe financiamento da Xunta de Galicia para promover as súas capacidades en intelixencia artificial

O financiamento está enmarcado nunha axuda recibida pola Universidade da Coruña de máis de 4,4 millóns de euros destinada a reforzar os seus centros e unidades de I+D+i.
O CITIC poñerá en marcha un laboratorio singular centrado en intelixencia artificial e analítica de datos, que constituirá unha das infraestruturas máis relevantes en intelixencia artificial en Galicia, xunto co Centro de Procesamento de Datos (CPD) do centro.

Leer máis »

O CITIC obtén 9 axudas de apoio á etapa predoutoral e posdoutoral concedidas pola Xunta

A Xunta de Galicia resolveu este mes de xuño as axudas de apoio á etapa de formación predoutoral e posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego. No caso das bolsas predoutorais, o CITIC obtivo 8 axudas das 15 concedidas na rama de enxeñería e arquitectura. Pola súa banda, na convocatoria de axudas posdoutorais, o CITIC conseguiu 1 das 11 outorgadas na área de enxeñería e arquitectura.

Leer máis »

Investigadores do CITIC da UDC únense ao consorcio internacional da misión espacial EUCLID da Axencia Espacial Europea

Os investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato, integráronse recentemente no consorcio internacional que contribúe ao desenvolvemento da misión EUCLIDuclid da Axencia Espacial Europea (ESA). Trátase dunha ambiciosa misión que ten o obxectivo de investigar a orixe do universo, a historia da súa expansión e o crecemento das estruturas cósmicas durante os últimos 10.000 millóns de anos.

Leer máis »

Cristian R. Munteanu e Alejandro Pazos colaboran no desenvolvemento dunha app con IA para a detección de pólipos de colon

Os investigadores do CITIC Cristian R. Munteanu e Alejandro Pazos desenvolveron unha aplicación móbil con Intelixencia Artificial para a detección de pólipos de colon en imaxes de colonoscopia, en colaboración cun grupo internacional de programadores XLandC e a Rede Galega de Investigación sobre Cancro Colorrectal (REGICC). O equipo creou Polyp detector, unha aplicación gratuíta descargable desde Google Play.

Leer máis »

Finaliza o proxecto AOAIRE para o desenvolvemento dun sistema de cubicaxe de madeira mediante visión artificial

Un equipo de investigadores do CITIC finalizou o proxecto AOAIRE -Desenvolvemento de tecnoloxía para o secado de produtos forestais-. O equipo estivo liderado polos investigadores do CITIC Marcos Gestal e Julián Dorado, xunto con Alejandro Pazos, Nieves Pedreira e Cristian R. Munteanu. O proxecto, financiado polo programa Conecta Peme, consiste en mellorar o rendemento dos sistemas de secado, probar novas tecnoloxías de secado e reducir o custo relacionado coas operacións de secado nos serradoiros de Galicia. A tarefa do equipo investigador centrouse en facilitar a cubicaxe da madeira nas operacións posteriores ao secado.

Leer máis »

A UDC instala medidores de CO2 nas súas dependencias, nun proxecto coordinado polo investigador Carlos Escudero

A Universidade da Coruña é unha das primeiras universidades españolas en instalar medidores de CO2 nas súas dependencias, garantindo así espazos de traballo seguros. Este proxecto de investigación de Intelixencia Artificial está coordinado polo investigador do CITIC Carlos Escudero, que é ademais adxunto do reitor para Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Leer máis »