CITIC

NOVIDADES

Amparo Alonso e Vicente Moret participan no Corunna Innovate Summit

Os investigadores da área de intelixencia artificial do CITIC Amparo Alonso e Vicente Moret participarán como relatores no Corunna Innovate Summit, que terá lugar os días 16 e 17 de xuño na Fundación Barrié da Coruña, reunindo a expertos internacionais en intelixencia artificial, big data e computación cuántica.

Leer máis »

O CITIC reúne a entidades europeas nunha iniciativa para fomentar a educación dixital de propietarios de casas históricas

O CITIC acollerá o martes 24 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo HERIT: Heritage Efficient management through Relevant IT use, no que participa o centro xunto co CUFIE e o Grupo de Estudos Territoriais da UDC e outras seis entidades europeas. HERIT é un proxecto financiado polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo impulsar as competencias dixitais de propietarios/as privados/as de casas históricas, axudándolles a facer fronte ao impacto da pandemia no turismo cultural.

Leer máis »

Thais Pousada participa no Congreso Internacional Duchenne

A investigadora do CITIC Thais Pousada participou no Congreso Internacional Duchenne, celebrado en Madrid do 13 ao 15 de maio co fin de analizar as diferentes estratexias terapéuticas, desafíos e prioridades clave para mellorar a calidade de vida de persoas con Distrofia Muscular de Duchenne e Becker.

Leer máis »

O CITIC participa nunha acción educativa no Día do Neno Hospitalizado

Con motivo do Día do Neno Hospitalizado, o CITIC participou nun taller lúdico-pedagóxico de robótica dirixido a nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). A actividade tivo lugar o venres 13 de maio, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Leer máis »

O CITIC participa no Día da Ciencia na Rúa da Coruña

O CITIC participará cunha caseta propia no Día da Ciencia na Rúa, que se celebrará o vindeiro 7 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. O CITIC foi convidado a formar parte deste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, para mostrar diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos, que promove solucións tecnolóxicas para persoas con diversidade funcional.

Leer máis »