CITIC

NOVIDADES

O CITIC acolleu un encontro investigador para visibilizar o papel da muller no mundo editorial en Galicia

O encontro está enmarcado nun proxecto máis amplo que analiza o papel e funcións das mulleres no mundo editorial galego desde o ano 1975 ata o 2000, dirixido pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián. O CITIC desenvolverá o sistema de información do proxecto, integrando unha base de datos e un buscador a un catálogo informatizado de mulleres con actividade no sector editorial de Galicia.

Leer máis »

Recursos de PLN para linguas turcas e IA en antropoloxía forense, temas centrais da cuarta sesión dos Almorzos TIC Talk

Este martes 28 de xuño celebrouse a cuarta sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións que ten a finalidade de compartir a investigación realizada no CITIC nun ambiente informal. Neste encontro, os investigadores Elmurod Kuriyozov e Óscar Ibáñez, que se integraron recentemente no CITIC, explicaron as súas liñas de investigación ao persoal do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira investigadora, introducidos por David Vilares, membro da comisión de formación.

Leer máis »

O CPEIG outorga o XIII Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñería Informática ao investigador Íñigo Luis López-Riobóo

O investigador do CITIC Íñigo Luis López-Riobóo foi premiado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co Traballo Fin de Máster en Enxeñería Informática, polo TFM titulado “A Deep Learning Approach to Predict Users’ Preferences Based on Textual Reviews”. Recibirá o premio na gala da XIV Noite da Enxeñaría Informática de Galicia, que se celebra o vindeiro venres 1 de xullo en Santiago de Compostela.

Leer máis »

Unha profesora do Politécnico de Leiria visita o CITIC para coñecer proxectos para a inclusión dixital de persoas con discapacidade

A profesora do Politécnico de Leiria de Portugal e membro do CRID (Centro de Recursos para a Inclusão Dixital), Marta Nogueira, visitou o CITIC o pasado mércores 22 de xuño para coñecer o programa Espazo Compartido da UDC e diferentes propostas que desenvolve o CITIC para a mellora das condicións dixitais para persoas con discapacidade.

Leer máis »

Investigadores do CITIC participan no Congreso ISNPS2022

Os investigadores do CITIC Ricardo Cao, Rebeca Peláez e Beatriz Piñeiro participaron no congreso ISNPS2022 (International Symposium on Nonparametric Statistics) celebrado en Pafos, Chipre, do 20 ao 24 de xuño. Nel presentáronse os avances e tendencias recentes en varias áreas da estatística non paramétrica, co fin de facilitar o intercambio de ideas, promover a colaboración entre persoal investigador de todo o mundo e contribuír ao maior desenvolvemento do campo.

Leer máis »

O CITIC acolleu a presentación de resultados da primeira edición do programa Inspira STEAM 2022 na Coruña

O xoves 23 de xuño o CITIC acolleu a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña, que estivo coordinado pola investigadora Verónica Bolón e que conta co apoio do CITIC e o Campus Innova da UDC. Ao acto acudiron mentoras/es e titoras/es participantes na iniciativa para compartir os resultados obtidos na primeira edición do programa, que busca fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude.

Leer máis »

Investigadores do CITIC participan na 4th International Conference on Computational Finance, na que foi premiado Álvaro Leitao

Un equipo de investigadores/as do CITIC participaron na 4th International Conference on Computational Finance (ICCF2022), que tivo lugar en Wuppertal (Alemaña) do 6 ao 10 de xuño. É a cuarta dunha serie bienal de conferencias en Computational Finance organizada polo consorcio do proxecto europeo FP7 Marie Curie ITN STRIKE “Novel Methods in Computational Finance” (2013-2016).

Leer máis »