
O CITIC recibe a visita de alumnado dO IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao
Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de 13 estudantes de bacharelato e dous profesores do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Lugo).

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de 13 estudantes de bacharelato e dous profesores do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Lugo).

O pasado martes, 31 de xaneiro, tivo lugar no IES Miraflores de Oleiros outra sesión sobre Ciencia Datos dirixida a alumnado de 1º de bacharelato do centro que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, impartiron a sesión os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Inés Barbeito.

Verónica Bolón, Laura Morán, Brais Cancela e Amparo Alonso organizan a sesión especial “Green Machine Learning” no European Symposium on Artificial Neural Networks, ESANN 2023, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro de 2023 en Bruxas. Poderanse presentar traballos ata o 2 de maio,

Este martes 31 de xaneiro o CITIC acolleu a primeira sesión do ano dos Almorzos TIC Talk, na que Adriana Anido Alonso e Manuel Silva Díaz expuxeron as liñas de investigación nas que están a traballar actualmente.

Hoxe tivo lugar no salón de actos da Facultade de Informática da UDC a Asemblea Ordinaria do CITIC 2023, na que o director do centro, Manuel F. González Penedo, presentou a toda a comunidade CITIC os resultados e as accións realizadas na anualidade 2022 nas áreas de investigación, transferencia e innovación, formación, comunicación e RRI (Responsible Research and Innovation).

As investigadoras do CITIC Ana López-Cheda e Rebeca Peláez impartiron o pasado 24 de xaneiro un taller sobre análise de datos a alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros que participan no programa STEMbach.

O investigador do CITIC Marcos Ortega Hortas recibiu onte en Madrid o Premio Nacional de Informática y Salud da Sociedad Española de Informática de la Salud (SEIS), na sección de Esforzo institucional ou persoal de investigación ou innovación en proxectos para a utilización das TIC na saúde ou na internacionalización da actividade informática da saúde desenvolvida en España.

O pasado mes de decembro tivo lugar en Rolda o II Encontro conxunto de matemáticas hispano-arxentino, organizado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Unión Matemática Argentina (UMA), e que contou coa participación de case 200 expertos/as dos que máis de 50 foron de nacionalidade estranxeira.
O CITIC colaborou na organización deste encontro no que participaron activamente diferentes membros do centro.

O investigador principal do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, vén de recoller a Medalla da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), que recoñece o labor dos socios que máis teñen contribuído “de forma relevante e continuada ao avance e á proxección da Estatística e da Investigación Operativa, no ámbito nacional e internacional, como disciplinas científicas”.

O próximo 10 de febreiro pola tarde terá lugar na Facultade de Informática da UDC a Olimpíada Informática Galega 2023 (OIG 2023) na que participarán 37 estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de centros educativos de Galicia.

O CITIC colabora cunha nova edición do programa Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora do CITIC Verónica Bolón. O programa ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as nenas.

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de estudantes de 3º da ESO e 1º de bacharelato do IES Río Miño de Rábade.
A sesión comezou no Demostrador Tecnolóxico, onde o responsable da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.